A comunicación e os medios de comunicación, nas Xornadas Martín Sarmiento. Manuel González Prieto

MEDULAS - 1.cdr

As páxinas web e os blogs

A cultura berciana en lingua galega, xerada por persoas  e grupos de diversa índole -centros de ensino, institucióis, asociacióis e plataformas-, ten que estar na rede. As páxinas web, os blogs e outras ferramentas, permiten acceder con un só clic a contido cultural e lingüístico de interese. Nestes novos tempos O Bierzo ten que estar na Internet, tamén en lingua galega.

 

A necesidade dunha páxina web de referencia

Na actualidade contamos no Bierzo coas seguintes páxinas web e blogs de referencia en lingua galega:

O blog do Colectivo Cultural Fala Ceibe, o blog da Comisión Cultural Sarmiento, o blog do grupo As Médulas para a Lingua e Cultura Galegas no Bierzo, o blog do Departamento de Galego da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada, o blog da Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo e o blog, xa en desuso, da Asociación Berciana da lingua XARMENTA.

Non podemos esquecermos da páxina web do Instituto de Estudos Bercianos, en castelán, mais atenta á cultura berciana.

Estas páxinas web e blogs, polas súas características, non teñen capacidade de albergar gran cantidade de contido, -cultural e lingüístico-. Por iso é necesario crear un espazo web de referencia con capacidade suficiente para recoller de forma organizada boa parte do material xerado no Bierzo. Unha web atractiva e visual na que os usuarios da Internet poidan acceder aos contidos de forma áxil e atractiva.

Incluír seccióis de noticias, costumes, tradicióis, literatura, … mesmo ter dixital algunha revista ou xornal de referencia, ou polo menos algún número, e converterse así nun grande Arquivo Xeral Berciano, e xuntarmos pasado, presente e futuro.

Podería ser esta web o noso xornal ou voceiro particular, onde todas e todos poidamos participar; unha ferramenta na que  promover actividades presenciais e telemáticas, que permitan abrir e tecer redes con outros proxectos, presentes e futuros.

Sería conveniente buscar o apoio institucional da Xunta de Castela e León, Xunta de Galicia e outras administracióis para poñer en marcha esta tarefa, coa finalidade de crear unha gran plataforma con garantías suficientes para que por si mesma poida facer un efecto chamada a outros novos posibles proxectos e contidos de interese.

Unha vez posta en marcha, se é que o conseguimos, é necesario o compromiso de todos e todas, para garantir así un traballo dinámico e continuado no tempo.

 

As redes sociais

Na actualidade existen varios grupos na rede social Facebook, nos que participamos persoas bercianas e persoas galegas sensibilizadas coa lingua berciana, a lingua galega. Nestes grupos achegamos contidos de interese, empregando con normalidade a lingua galega.

Convén participar, de forma máis ou menos activa, mais participar, nestes grupos. Estes son: O Grupo As Médulas para a Lingua e Cultura galegas, O Bierzo Galego e O Bierzo Bilingüe.

Tamén existen outros grupos sensibles coa lingua galega, nos que participa xente berciana. Hai contido tamén en galego. De cando en vez temos que participar tamén. Entre outros:

  • Crónicas bercianas
  • Villafranca y El Bierzo

Mais existen outros grupos nos que participa xente berciana e nos que a lingua galega está totalmente esquecida. É aí onde temos un labor de sensibilización que facer. Velaquí algún dos grupos:

  • Memorias de Villafranca
  • El eco del Bierzo
  • Creando Bierzo

Tamén hai outros grupos máis específicos que empregan o galego, mais hai outros que non o empregan.  Novamente repetir que son os grupos nos que non se emprega nunca a lingua galega onde temos que desenvolver a nosa tarefa de sensibilización.

Un exemplo dos que si o empregan é Federación de Guerrillas de León e Galicia.

Un exemplo dos que non o empregan é Costumbres, tradiciones, fotos, dichos bercianos.

 

Por último non podemos esquecer que hai grupos en Galicia nos que lemos a cotío novas culturais galegas e en lingua galega e nos que podemos achegar contidos. De cando en vez lemos novas vinculadas coa cultura berciana pola teima de algún de nós, mais temos que alicerzar entre todas e todos a presenza do Bierzo neses grupos.

 

Velaquí algún deses grupos:  A prol do Galego, A miña palabra en galego, Historia da Galiza, Folclore galego, … Nós tamén temos que estar presentes.

 

A prensa escrita e a radio. Os medios de comunicación bercianos

Hoxe en día practicamente ningún medio do Bierzo emprega o galego, mesmo algún deles rexeitan calquera comunicado en lingua galega. Temos que ser incisivos nese senso, procurando algún xornal e/ou xornalista afín que poida botarnos un cabo nesta tarefa.

Cunha pequena inversión e financiamento tamén podemos procurar espazos nalgún destes medios. Convén traballar nun proxecto ou proposta concreta e co compromiso de levala a cabo, para así podela presentar nalgún destes medios de comunicación.

Posibles propostas neste senso:

– Procurar algún espazo nalgún programa cultural de radio onde poidamos ter un espazo curto de tempo para achegar algún tipo de nova cultural en galego. Os estudantes e as persoas bercianas culturalmente activas poden ser partícipes nesta actividade.

– O mesmo cos xornais de referencia do Bierzo. Podemos procurar algún medio e comprometernos a que cunha periodicidade estipulada, poidamos achegar algunha nova de interese ou artigo, en lingua galega.

 

A prensa escrita e a radio. Os medios de comunicación galegos

Respecto dos medios de comunicación galegos, a situación é máis favorable.

Xornais como o Sermos Galiza, Praza Pública, Diario Liberdade, Novas da Galiza, por citar algún, son afíns á nosa cultura e están moi atentos ao que acontece no Bierzo.

Non podemos esquecer que o xornal Sermos Galiza ten unha sección “Comarcas”, onde tamén podemos participar de forma máis ou menos periódica.

Tamén hai plataformas e asociacióis que en ocasións serven de canle para difundir novas.

Con isto quero destacar a idea de que é importante abrir redes, relacións e simpatías con xornalistas máis aló do Cebreiro, sen esquecermos dos medios bercianos, capitais para nós.

 

Idea clave  e fundamental

Incidir de novo na necesidade dunha web de referencia, que pode ser o noso medio de comunicación, sen depender de factores externos que escapan as nosas mans.

 

 

             

 

 

 

Advertisements

About Grupo As Médulas para a Lingua e Cultura galegas

AS MÉDULAS para a Lingua e Cultura galegas do Bierzo somos un grupo plural, aberto á participación de todas e todos e non partidista. En pleno proceso de construción, o grupo pretende xuntar forzas en prol da dignificación do noso carácter e defender a dura situación que está a vivir a lingua galega na contorna berciana. Como tamén a cultural popular en xeral.
Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

2 Responses to A comunicación e os medios de comunicación, nas Xornadas Martín Sarmiento. Manuel González Prieto

  1. O que isto relata estivo a escribir no dixital infobierzo “a nova do día” en galego, xa fai tempo e case durante dous anos. Ao mesmo tempo, a miña páxina web “El eco del Bierzo” foi, nin termo amplo, o único referente dos dixitais parcialmente en galego. Ninguén quixo darme folgos e todo foron atrancos. Penso que retomar iso agora non ten moito porvir. Bierzo Diario e outros moitos propoñían que se establecera unha liña de subvencións a prol dos medios que publicasen – entón co “bipartito” – máis dun 30% de contidos en galego. Como daquela fomos esquecidos xa non nos cremos nada.
    Unha aperta agarimosa e os nosos desexos de boa sorte,
    Marcelino B. Taboada

    Gústame

  2. MANUEL GONZÁLEZ di:

    Sería importante retomar isto, eu entendo que si. Apertas Marcelino
    Manuel González Prieto

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s