Antonio Fernández e Morales. Por Jose Luís Almajano Esteras

MEDULAS - 1.cdr

A carreira profesional e os méritos

descargaPodería dicirse que se trata dun militar feito a si mesmo, con honor de catro ascensos, por méritos de guerra. Un home coñecedor de temas civís e con lexítimas ambicións políticas.

Os seus ascensos a tenente, capitán, coronel -Revolución de 1868-, e brigadier, foron por méritos de guerra.

Interveu na primeira e terceira Guerra Carlista, e no alzamento de 1868, xermolo da I República.

Desenvolveu unha carreira militar moi completa e desde abaixo, xa que non procedeu de ningunha academia. Comeza como subtenente, suboficial, e chega a brigadier, xeneral, xefe militar de máis alto grao, por méritos de guerra e outras grazas especiais.

Prestou servizos en moitos puntos da península, entre outros, Barcelona, Zaragoza, Castela “A Vella”, Madrid, Badaxoz e Valladolid, así como nos Estados Pontificios, en Roma.

Estivo destinado en varias unidades operativas e administrativas. Destacar que formou parte da Garda Real. Exerceu como director xeneral de Infantería, subdirector da Escola Central de tiro, actual Academia de Infantería de Toledo, director xeneral de Cabalería e Sanidade e gobernador militar en Jaca e Toledo.

As Cruces recibidas por mérito militar foron concedidas polo seu comportamento exemplar  durante A Toma de Morella, en Navarra, na I Guerra Carlista, a Campaña de pacificación, en Andalucía, e a Campaña de Navarra, na III Guerra Carlista. Recibe a gran Cruz Vermella.

Entre os seus labores e destinos non militares, destacar a súa presenza no Corpo de Carabineiros de Facenda, hoxe Garda Civil para o contrabando, e o seu labor como inspector de Estatística.

Foi escollido deputado en Cortes por Vilafranca do Bierzo, nun dos “escasos” períodos nos que non exerceu ningún cargo militar.

Chegamos á seguinte conclusión:  “O brigadier Antonio Fernández e Morales é un militar feito a si mesmo”

 

O escritor

Como escritor ten unha gran facilidade para versificar, gusta dos temas costumistas e festivos, describe os feitos con todo detalle e minuciosidade, sen custarlle ao lector afondar no relato, -véxanse os poemas Villafranca e a vendimia, Os magostos e O Entroido-, e aparentemente, coñece a mitoloxía grega, xa que cita entre outras, as figuras de Polifemo, Galatea e Apolo.

Advertisements

About Grupo As Médulas para a Lingua e Cultura galegas

AS MÉDULAS para a Lingua e Cultura galegas do Bierzo somos un grupo plural, aberto á participación de todas e todos e non partidista. En pleno proceso de construción, o grupo pretende xuntar forzas en prol da dignificación do noso carácter e defender a dura situación que está a vivir a lingua galega na contorna berciana. Como tamén a cultural popular en xeral.
Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s