Nova viaxe a Portugal desde Salamanca. Xabier Lago Mestre

MEDULAS - 1.cdrxabi aveiro casas

Chegou o día da viaxe para Portugal. Un grupo de salmantinos saímos para Portugal, na procura das praias viciñas. Imos para Aveiro, a coñecida coma a Venecia portuguesa, polas súas canles urbanas. Hai tempo que nos contaron abraios sen igual desta cidade e agora toca xa velos e sentilos. De mañanciña tomamos o bus para a frontera. Con velocidade atravesa a chaira castelá, con campos devastados pola sega de xuño. Primeira parada en Ciudad Rodrigo, para recoller novos pasaxeiros. Quedamos sorprendidos de novo polas súas murallas feitas para a defesa contra os portugueses. Tempo histórico tardamos españois e lusos en facer as paces e rematar cos prexuízos mutuos.

A raia está en Vilar Formoso, de sona polo seu mercado do primeiro sábado de mes, aínda que os prezos xa non son o que foron. Pouco despois a paisaxe troca a mellor pola súa variedade vexetal. En nada xa estamos en Guarda, pero non hai tempo para a visita turística. E comezamos a suba para as montañas da serra da Estrela. Atrás deixamos Celorica da Beira, na ribeira do río Mondego, o cal vai para os suloeste ata bañar a cidade de Coimbra. Despois de Magualde xorde Viseu, sen parada para nós pois temso présa. A poucos quilómetros de Albergaría a Vella temos xa o noso obxetivo, Aveiro. En total, temos percorridos 200 quilómetros polas estradas de Portugal e outros 100 polas españolas.

AVEIRO FABRICERAM

 

A cidade de Aveiro recíbemos coas súas canles navegaveis. As súas barcas, os moliceiros, van ateigados de turistas europeos, tras pagar 8 euros por cabeza. A canle central está na rúa Joao Mendonça. Para estar ben informado busca o posto de turismo neste lugar cheo de casas burguesas de fermosa decoración. Podes visitar a praça Peixe, onde ben podes xantar nos seus restaurantes.  E logo continuar polas praças da República e Marqués de Pombal, éstas dúas ao sul. A seguir caminata para o leste pola beira da canl Cojo até chegar ao seu final, en lago da Fonte nova. Neste lugar podes contemplar a restauración dunha fábrica de cerámica, agora aproveitada pola Cámara municipal de Aveiro, abraia a súa alta chemineas. Para quen teña tempo abondo, pode visitar o museo de Aveiro, sito nun mosteiro de Xesús, fundado no século XV. Outro tanto para o teatro Aveirense, fundado en 1881, de fachada modernista para os praceres da burguesía local.

 

NA PROCURA DAS PRAIAS DE AVEIRO I

Os viaxeiros xa piden praias. Dende Aveiro hai un servizo de autocarros para a Praia da Barra, a máis cercana, cun custo de 3.75 euros o billete de ida e volta.

aveiro praia

Esta praia da Barra está só a 9 quilómetros, máis lonxanas as de Jacinto e Costa Nova, ao norte e sul respetivamente. A nosa parada está xunta o farol da Barra. Un impoñente edificio de 62 metros de altura, construído en 1893, e visitavel por moitos turistas hoxe por mor das vistas xerais. Por certo, segundo a publicidade turística, un dos farois máis altos do mundo.

 

Paga a pena respousar nas areas suaves despois de tanto turismo por Aveiro. A auga fría como en toda a costa Atlántica. O ventiño mariñeiro resulta grato ante a calor dos 25 graos. Pero hai compañeiros que non queren este vento, como se pedisen a calor sufocante do Mediterráneo.  Hai tempo abondo para pasear polo rompeondas ata un faro pequerrecho. Unha longa pasarela de madeira percorre a polas dunas toda esta praia. Os nosos ollos desfrutas das vistas, dos barcos lonxanos, das agresivas gaivota… todo resulta moi grato. Máis ao sul están os palheiros da Costa Nova. Son casas decoradas con pinturas de cores vistosos, en liñas verticais, azul, branco, colorado, etc. Non hai turista que non marche sen un agasallo con estes motivos arquitetónico.

AVEIRO COSTANOVA

Ao sul tamén temos a localidade de Ilhavo. Salientabeis son as súas casas burguesas, nas rúas Vasco de Gama, cimo da vila e Frederico Cerveira. Casas de primeiros do século XX con decoradas fachadas e janelas. No bairro de pescadores xorden os traballadores do bacallau. Aproveitade para un bo xantar deste peixe. Por certo, Ilhavo ten un museo marítimo que rende homenaxe aos traballadores da ría de Aveiro, Terra Nova ou Gronelandia. Este edificio contemporáneo tivo un importante premio internacional de arquitetura.

xabi aveiro faroprai

Antes de voltar para Castela, aínda temos tempo para voltar ás praias e tomar un chisco máis de sol atlático. Dende logo que paga a pena darse esta paliza de viaxe dun día para desfrutar destas vilas mariñeiras, dos seus areais, das súas amáveis xentes portuguesas que saben tratrar tan ben aos cansos forasteiros, sexan de onde for. Queda moita viaxe de volta mais temos unha promesa feita, que voltaremos para estas costas portuguesas de novo.

 

  O Bierzo, agosto de 2016

Advertisements

About Grupo As Médulas para a Lingua e Cultura galegas

AS MÉDULAS para a Lingua e Cultura galegas do Bierzo somos un grupo plural, aberto á participación de todas e todos e non partidista. En pleno proceso de construción, o grupo pretende xuntar forzas en prol da dignificación do noso carácter e defender a dura situación que está a vivir a lingua galega na contorna berciana. Como tamén a cultural popular en xeral.
Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s