Viaxe para o mercado de Vilar Formoso. Xabier Lago Mestre. Colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo

MEDULAS - 1.cdr

salam-gallegoargan

De novo facemos uso do transporte público para viaxar. Nesta ocasión o noso bus sae de Salamanca e vai para Ciudad Rodrigo. Tras unha hora de viaxe chegados á cidade fortificada. O primeiro coller do porta equipaxes as nosas desmontadas bicis. Pouco despois baixamos para a ribeira do río Agueda e observamos ao lonxe a súa antiga ponte e o seu castelo. Non temos tempo para visitar esta localidade cunha zona vella sen igual.

XABI FUENTEOÑO.JPGA nosa estrada N-620 vai paralela á autoestrada 62. Isto facilita a viaxe tranquila sen a compaña do tráfico nin dos perigosos camiois que van para Franza ou Portugal. O primeiro pobo é Carpio de Azaba, tras 10 quilómetros de pedaleo. Na entrada desta localidade temos unha boa fonte para repoñer forzas. Máis adiante temos baixada para a ribeira do río Azaba, pouco despois nova suba. O tempo axuda porque está anubrado.

Cinco quilómetros máis aló atopamos un cartel que indica o desvío para Gallegos de Argañán. Este topónimo lémbranos a Idade Media e mailas repoboaciois de galegos nestas terras charras. O percorrido polos lindes das comarcas do Campo de Argañán, ao norte, e Campo de Azaba, ao sul, traenos máis historia. Por eiquí houbo loitas entre Portugal e España, durante a guerra da Restauraçao, no século XVII. Os moradores daquela tiveron que suportar as cabalgadas dos exércitos veciños e maila rapiña de gandos e colleitas.

 

ATOPAMOS FUENTES DE OÑORO

 Remata a autoestrada A-62 antes de chegar á fronteira. Aproveitamos unha estación de servizo para tomar un cafetiño e mercar vituallas. Dende eiquí hai que viaxar con moito coidado porque non hai desdobramento da estrada e temos que convivir cos perigosos camións. Baixamos para Fuentes de Oñoro a toda velocidade para logo subir ata a fronteira. Esta última localidade da provincia de Salamanca presenta varios barrios. O máis moderno está xunta á fronteira e moi pretiño o da estación ferroviaria. Desviámonos até a dita estación porque sorprende que haxa dous grandes edificios ferroviarios tan achegados. Isto é así polo efecto fronteira, é dicir, dúas localidades viciñas, Fuentes de Oñoro y Vilar Formoso, con dúas estaciois. A lóxica económica impón unha estación internacional compartida, pero non, a ilóxica política foi outra.A grande estación de Fuentes de Oñoro baleira con só dúas paradas de dous trens de viaxeiros por día. Un fracaso máis!

salam-fuenton-escult

Na mesma fronteira temos tamén o monumento aos mortos na Guerra da Independencia. Unha sinxela homenaxe aos soldados dos catro exércitos participantes, a saber, Portugal, España, Inglaterra e Francia. As bandeiras ao vento destes países representan hoxe a unión dos antigos inimigos.

 

CRUZAMOS PARA VILAR FORMOSO

SALAM FUENTOÑ EST.JPG

Entramos pola alfándega en Portugal. No posto de turismo desta fronteira collemos información das Aldeias de Portugal, entre elas, Sabugal, Almeida, Castelo Mendo, Castelo Rodrigo, Trancoso, Sortelha e demais. Nunha nova viaxe queremos visitar estas aldeias de tanta zona. Dende esta fronteira tamén hai unha estrada até Aldea del Obispo, en Salamanca, lugar que ten o forte  da Concepción. Este fortín tivo unha curiosa historia durante a guerra entre Portugal e España no século XVII, de rápidas construción para defenderse e de destrución para evitar a súa ocupación polos lusos.

VILARFORM ALMEIDA.JPGTras pasar a fronteira viramos para u oeste e baixamos cara a estación ferroviaria. Paga a pena deterse ante os mosaicos azuis que mostran motivos das localidades que atravesa esta liña ferroviaria da Beira, dende Vilar Formoso até Figueira da Foz. Tras tirar moitas fotos dos ditos mosaicos lusos saímos de novo á praza. Xa están eiquí os primeiros postos do famoso mercado dos primeiros sábados de cada mes. Este mercado, visitado por portugueses e españois en gran cantidade, agora vai para menos pois os prezos xa non son tan beneficiosos.

 

vilarform-estac-vist

Os primeiros postos do mercado ofrecen roupa interior, cerámica e doces. O noso camiñar entre as ringleiras de tenderetes vai estreitándose até case non poder pasar pola moita xente. Máis roupa, zapatos deportivos, abrigos para o outono, figuideiras nas que nada se pega, outro posto de botas de inverno que un consumidor proba sentado no chan. Parece que a maioría é roupa interior con cuecas femininas, bóxer masculinos, peugas para os pés e medias de pernas. Mais adiante sombreiros, os chapeus. Os vendedores e as vendedoras compiten entre eles para atraer clientes e miróns. As ofertas repítense por “doquier” só quizais rachadas por algún regateo.

 

A RINGLEIRA SEN FIN DOS POSTOS DO MERCADO

VILARFORM FEIR.JPG

Despois de moito sentimos fortes olores de comida fritida. Atopamos a zona do xantar onde a xente dá boa conta das carnes e do bacallau. Alguén berra tres boxers por 5 euros.  Esta é a nosa! escollemos entre os rechamantes cores da roupa interior. Fouces e ferramentas de todo tipo máis adiante. Hai de todo a baixa calidade. Vemos unha pequena ermida onde remata a ringleira de postos de venda.  Por suposto, xa non retornamos polo mesmo camiño, imposíbel de percorrer de novo ante tanta xente.

Neste afastado barrio atopamos un fermoso casarío arredor dunha igrexa pechada. Aproveitamos a presenza dunha fonte, restaurada pola xunta de freguesía, para facer parada e comer un rico bocata. Comentamos entre nós que resulta unha pena que as nosas xuntas veciñais da rexión do Bierzo non indiquen con carteliños a autoría das súas obras públicas. En Portugal parece que as xuntas de freguesía teñen máis protagonismo porque están máis presentes nas súas localidades.

Este mercado do primeiro sábado de cada mes xa non é o que foi segundo nos comentan. Pero paga a pena a súa visita en Vilar Formoso, unha desculpa máis para visitar de novo Portugal e practicar a nosa lingua común.

O Bierzo, outubro de 2016

Advertisements

About Grupo As Médulas para a Lingua e Cultura galegas

AS MÉDULAS para a Lingua e Cultura galegas do Bierzo somos un grupo plural, aberto á participación de todas e todos e non partidista. En pleno proceso de construción, o grupo pretende xuntar forzas en prol da dignificación do noso carácter e defender a dura situación que está a vivir a lingua galega na contorna berciana. Como tamén a cultural popular en xeral.
Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s