Reflexión de andar por casa

Fai pouco que xa dinme de conta de que a cuestión da gran importancia da cercanía de “unhas poucas vilas ia pobos galegofalantes” con Galicia pra que falen así nun é de todo certa. Sempre que escuito a alguén falando galego, ben maior loxicamente, ie estou con amigos paece como que xustificamos que usen esa variedá por estar lindantes coa gran ia férrea fronteira.

Digo isto porque o importante, coma acontece con tantas outras linguas ameazadas, nun é esa distancia senón o tamaño do núcleo de poboación o que fai que podas sentir a lingua nas rúas ou non. Así, pódese escuitar das bocas da xente maior no occidente da comarca berciana, ia claro cas súas variedades tamén, que é o que embelece aínda máis cando se viaxa por eiquí.

Con isto quería compartir unha experiencia que dende a miña opinión é máis que común seguramente por todo o territorio xa sexa máis o menos galego ou lionés –falante:

Un home que vende comestibles colga a súa chamada de negocios cun galego (chapurriando galego) pra atender a unha muller maior xa coñecida. Isto en Toural dos Vados. Saúdanse ia rin. A continuación, o home comenta en castelán cá muller cómo prefire o galego de eles, a variedá súa, pon o exemplo do plural oriental, pantalóis máis non pantalóns; ou o das ventás en vez de fiestras. “Me gusta, me gusta más el nuestro la verdad” , comenta.

Exemplos típicos estes que ademais danse tamén na zona eo-naviega ie nun sei se nas Portelas tamén. A cousa é que toda esta conversación onde dicían cómo a xente lles chama galegos ia que lles presta a súa forma de falar facíana en castelán. Veciños de toda a vida aos que lles separa unha xeración tampouco nun empregan, ao parecer, o galego entre eles. Cando eu entrei estaban xa falando en castelán ia despóis na conversación como que alardeamos todos xuntos das curiosidades das formas de falar “de eiquí”. En castelán…

Exemplo de que as variedades rexionais quedan relegadas ao entorno familiar ou onde a intimidá cos falantes é estreita. Ao menos queda, só que é difícil percibila.

É moi fácil camiñar sen orellas alerta para susprenderse da cantidá de xente que fala en “algo” que nun é castelán. Sen embargo, cando un o fai pódese nutrir de barrio en barrio das palabras en case cada zona rural destas rexións. Ao menos eu, dende fai poucos anos, sorrío mentres paseo preto dos peisanos ou peisanas charlando nos bancos.

Feito dau no Bierzo baixo ia no alto tamén según teño entendido. Inda que o galego nun sexa unha lingua en perigo de extinción case inminente como muitos artigos expoñen (por ex. http://chartsbin.com/view/1339), no Bierzo xunto cás variedades lionesas ou as “quimeras”, que case atreveríame a dicir que sendo dun substrato ou doutro a gran maioría nestas subcomarcas son transicióis fermosísimas ia valiosas,  están nesa situación precaria sen dúbida algúa. O nivel de ameaza sería “Severely endangered”; severamente ameazado. Habería, logo, que deixar a un lado esa clasificación da lingua galega máis optimista pois esta té en conta a súa situación de cooficialidade, que tampouco é que estea para botar cohetes… Pero máis quisera o resto da península non castelana de orixe…

Concluíndo, namás quería compartir esta falsa idea que paece rondar entre nosoutros mesmos cando miramos a situación da lingua a nivel global ou estatal. Un falso alivio. Sendo eiquí no Bierzo baixo, quizás algo mellor tratada polo tema económico ia educativo a nivel formal, outra das vellas variedades romances minorizadas das que os falantes ten no máis fondo do seu orgullo. Fenómeno que paece ir saltando expandíndose ao acabar Valdeorras ou O Cebreiro cara eiquí ia continúa cuitáu a outras comarcas fora, ao este, norte ia ó sur…

Ia que temos de cambiar tamén dende abaixo!

Por Dennis Á.G.

Advertisements

About Grupo As Médulas para a Lingua e Cultura galegas

AS MÉDULAS para a Lingua e Cultura galegas do Bierzo somos un grupo plural, aberto á participación de todas e todos e non partidista. En pleno proceso de construción, o grupo pretende xuntar forzas en prol da dignificación do noso carácter e defender a dura situación que está a vivir a lingua galega na contorna berciana. Como tamén a cultural popular en xeral.
Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s