200 aniversario de Antonio Fernández y Morales. Xabier Lago Mestre. Colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo

MEDULAS - 1.cdr

s4aNeste ano celebramos o 200 aniversario do nacemento do escritor Antonio Fernández e Morales. Para moitos bercianos este persoeiro é un grande descoñecido. Por iso aproveitamos esta data sobranceira para divulgar a súa figura e maila obra literaria.

Antonio Fernández e Morales (17 de setembro de 1817-1896) destaca polo seu libro “Ensayos poéticos en dialecto berciano” de 1861, ademais doutros escritos poéticos. A súa obra literaria é bilingüe porque utiliza o idioma galego do Bierzo como todos recoñecemos hoxe. Agora ben, o autor refírese ao dialecto berciano. Non podemos enganarnos con esta expresión. Lemos no seu escrito que “si bien el berciano es un subdialecto gallego, se castellaniza a medida que los pueblos del país de que me ocupo se van acercando a Castilla, o se galleguiza completamente según que sus opuestos confines van tocando los de Galicia”. Dito isto, no seu estudo lingüístico tenta singularizar, territorial e filoloxicamente, o esencial da fala galega do Bierzo baixo para “evitar las dos opuestas influencias castellana y gallega, y de presentar el berciano en su más aislada individualidad” (páxina 4).

o-entroido-deseno-grafico-de-diego-jimenez-mirayoO noso escritor berciano dignifica a nosa lingua galega cando a normativa coa escrita na súa obra literaria e investigadora. No século XIX o galego era maioritario entre a poboación do Bierzo occidental, “es de uso común solamente entre las masas, no por eso es desconocido ni desdeñado por las personas que forman la clase distinguida de la sociedad del Bierzo” (páx. 11). Mais non tiña ningún recoñecemento administrativo nin intelectual. Só uns poucos escritores bercianos tomaron conciencia da pluralidade lingüística desta rexión, participando así do chamado rexurdimento galego con Galiza.

antonio-fernandez-e-morales-por-siro-lopezGrazas á literatura realista de Antonio Fernández e Morales coñecemos hoxe diversas tradiciois e costumes do Bierzo. O seu labor recompilatorio de versos ten un grande valor etnográfico, filolóxico e antropolóxico. Así o comprobamos en “Na volta da sega”, “O fiandón da aldea”, “Os magostos”, etc.  A título de exemplo deixamos a descrición do mercado de Vilafranca, “de Dragonte leña e caza, e d`Hornixa maraniños, leite fresca de Vilela, as tarxas de Ponferrada” (páx. 192). Paga a pena reler detidamente esas composiciois agarimosas.

 

Este aniversario ten que servir para achegarse á curta obra de Antonio Fernández e Morales. Supoñemos que haberá conferencias sobre o seu contexto histórico e maila importancia da súa obra literaria e filolóxica. Non estaría mal a celebración dun concurso escolar sobre o galego. Tampouco faltarán a ofrenda floral no cemiterio cacabelense e a colocación dalgunha placa en lembranza do noso escritor.

Convén tomar conciencia colectiva da necesidade dun novo rexurdimento para a nosa lingua galega do Bierzo. Vai sendo hora de reflexionar sobre a situación discriminatoria que sufrimos os galegofalantes durante séculos. Non se entende que hoxe os falantes de Galiza e O Bierzo teñamos diferentes dereitos lingüísticos por mor de vivir en distintas Comunidades Autónomas. O Bierzo conserva o galego dende a Idade Media e non é xusto que nos obriguen a renegar deste idioma porque non ten recoñecemento de cooficialidade en Castela e León.

Advertisements

About Grupo As Médulas para a Lingua e Cultura galegas

AS MÉDULAS para a Lingua e Cultura galegas do Bierzo somos un grupo plural, aberto á participación de todas e todos e non partidista. En pleno proceso de construción, o grupo pretende xuntar forzas en prol da dignificación do noso carácter e defender a dura situación que está a vivir a lingua galega na contorna berciana. Como tamén a cultural popular en xeral.
Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s