Pañando palabras (Introducción+Ourizo cacheiro e alimacha)

Procuraremos, de cando en cando,  compartir algunha que outra palabra interesante ia digna de usar ou valorar (de novo) a modo de sección neste blog.

Palabras xa sexan pola súa etimoloxía curiosa ou porque estean en desuso. Neste caso nun é únicamente por unha razón práctica, como pode ser os fusos de labrego cuxos nomes pérdense ia súa propia existencia ou algunhas herbas medicinais esquecidas, senón que no caso do Bierzo eu diría que case calquera palabra galega ou llionesa toma un valor moi grande polo seu estao de perigo ia estes párrafos podríanse entender como un intento de “adopción ou recuperación” das mesmas. (É divertido, ademáis)
Por isto, nun haberá só palabras locais ou rexionais (que tamén) dalgunhas aldeas ou zonas do Bierzo, senón que posiblemente outras moi utilizadas na vida común de Galicia ou incluso Asturias, sendo aiquí tesouros perdidos pra a suspresa de muita xente que as usa de toda a vida notros lares.

Moi importante: Debaixo pódese comentar así que discutide cómo se di na vosa vila aquela palabra sexa na lingua que sexa. Achegai máis coñecemento! Preguntai aos vosos familiares e comprobai qué término é usado. (Comentad si conocíais esa palabra, sinónimos o cómo llamabais en vuestro pueblo o infancia a lo mismo. También os animamos a preguntar y comprobar a las y los más mayores si se usa esa palabra o no y comentárnoslo. Yo mismo las estoy aprendiendo aún hoy, así que aunque penséis que no se decían, insistid y preguntad).

Adxuntái sempre o lugar onde recolledes o léxico.
Por iso tampouco nun se intentará facer un gran estudio profundo sobre o seu uso ia deixaremos aberta a colaboración da xente, falante ou non, experta en dialectoloxía ou non.

Animáivos logo, a ensinar ou usar máis no día a día determinadas palabras populares!
_____________________________________________________
As primeiras palabras inaugurais son dous animais que algo de relación tenen entre eles.

Ourizo cacheiro (lat. Erinaceus europaeus)

Este palabro,a primeira parte, sempre o sintéramos sobre todo nas épocas dos magostos (ou amaguestos noutras zonas no galegófonas cercanas) para a cobertura defensiva das ricas castañas . Sen embargo, tamén é como ben sabedes o nome dun mamífero que según a xente maior antes víase máis que agora. Este animal esténdese por media Europa ia no Bierzo tamén pódese ver fora dos núcleos grandes de poboación.
Unha muller falando deste animal díxome, ia fíxome gracia, que nun sabe d’onde ven o adxetivo cacheiro que o procede. “Quizás sexa algo que namás se diga aiquí o que se inventóu cualquiera” Dicíame ela.
Na zona de Toural dos Vados ia Vilafranca úsase ourizo cacheiro pra este animal. Deste xeito pódese confirmar co diccionario da lingua galega (ou a portuguesa) que noutras zonas galegofalantes tamén se da xunto con ourizo cacho ou porco espiño. Atopamos cachourizo en Lugo ia alredores pero ourizu ou arizu en Palacios do Sil nesta variedá do chamado patsuezu como tamén orizu ou uurizo no Bierzo Alto. Cabe destacar que nas variedades orientais galegas, coma case todas as palabras terminadas en -o , ourizo pronunciaríase como se escribiría en asturlionés. -o>u

c2a9andreslopez_erizo1

No diccionario da Real academia galega, cacheiro ou cacho ten tres acepciois, todas ligadas entre si. A primeira de cacheiro sería para animal ou planta que se envolve sobre si mesma ia a terceira, persoa ou animal en celo ou salido (sexualmente) pode ter que ver co de envolverse ia darse placer. Ou en concreto para un gocho en celo tamén. As tres relacionadas ca actividá sexual. (Tamén claro, porción ou parte, cacho)
Pois velaquí a parte “cacheiro” do ourizo. ¿Teis outra acepción para cacheiro, sinónimos de vosa zona de ourizo cacheiro?¿En castelán aparte de erizo, outras? Calquera aportación etimolóxica ou do que sexa é benvida!

Alimacha (Limax agrestis?) (atentxs a ese latín)(hai varias especies)

Qué comen os ourizos cacheiros? Comen insectos sobre todo pero tamén vexetais. As alimachas, por exemplo, serían un ‘manxar’ para eles i’así saíu nunha conversa. Muitas veces encóntrase o prefixo a- nalgunhas palabras do galego oriental ia no llionés. Podría ser un caso isto xa que “limacha” si é recollido no diccionario galego mais “A-limacha” non. Xa escapóuse unha pista pero para que as que nun seiban inda, mirái a foto do fin.

Sendo un animal moi común é máis que normal atopar centos de palabras para o mesmo ser como pode pasar ca comida ou outras cousas de andar por casa que incluso de aldea en aldea xa muda de nome. (Isto é mega interesante é da sal á vida na miña opinión ia por iso temos que recrearnos nestas diferencias ia xugar coa etimoloxia ia variedá, senón digamos todos ia todas ‘slug’, non? posiblemente sexa a acepción mais coñecida no planeta para algunha xente pero tamén a opción máis lacazana…) En Sarria é alimacha de igual xeito ia posiblemente noutras zonas orientais do galego tamén.

Limaco, lesma, lamarcha, lesmes […] (ou carallote sería namás pro mariño) podemos topar no estándar galego pero hai muitas máis variedades diatópicas (cambios en cada lugar) (ver en wikipedia). En seabrés (Sanabria) parece existir (se os i’as falantes queren, como aiquí) lliezma. Lumacu non moi lonxe d’acó (en Turenu posiblemente castelanizao) como noutras zonas leonesas ou llimiaco ou llimaco na Cepeda  (coa típica ll- inicial en conta da  l-) ou terminado en -u en Babia e outras zonas no norte.  Llimiáu parece dicise en patsuezu ia en Somiéu. Pero de verdá, xa paro que isto e interminable, ponéi vós o que din vosos abós ia aboas. Llumacu no Bierzo alto ao menos en Biemvibre (informante que xa nos deleitará con máis curiosidades) 😉

Podríase investigar máis ia saber se hai diferencia nas alimachas dependendo da súa cor ou non pero queda aberto isto pa que agregades a información vós, xentina.
Limarón, alezna?? Refraneiro con este animal?

geomalacusmaculosus

Algúns xa recolleron: “De mayu a agostu ni l.limiaus ni mostu” en Somiéu. ou “Non valer un llimiagu” n’asturlionés recollido por Junquera Huergo.  Vos sona tamén como despectivo? Como no valer un pimiento? O uso tradicional da baba de alimacha, pra qué?
Aportes ia correccióis benvidos! Ou máis ben desexados – deseados…

 

 

Fontes secundarias aparte das propias e persoais:
http://webs.ono.com/esllabon/dicllion/lletra.htm
http://portaldaspalabras.gal/dicionario/procura

e o recomendadísimo DGLA cas variedades asturlionesas: http://mas.lne.es/diccionario/palabra/47504

Apertas e hasta a próxima

Dennis.

Advertisements

About Grupo As Médulas para a Lingua e Cultura galegas

AS MÉDULAS para a Lingua e Cultura galegas do Bierzo somos un grupo plural, aberto á participación de todas e todos e non partidista. En pleno proceso de construción, o grupo pretende xuntar forzas en prol da dignificación do noso carácter e defender a dura situación que está a vivir a lingua galega na contorna berciana. Como tamén a cultural popular en xeral.
Estas entrada foi publicada en Pañando palabras coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to Pañando palabras (Introducción+Ourizo cacheiro e alimacha)

  1. Fernando di:

    Em Quintana de Fuseiros (leste do Bierzo, zona falante de ásturo-leonês), dizem “llimacu”.
    En Felgosu, algo mais ao S, “llumacu”.
    Saúde.

    Gústame

  2. Fernando di:

    E eis umha fronteira lexical no centro do Bierzo a respeito desta palavra: a oriental “lumiaco” em Ferradillo e a ocidental “limacha” em Paradela de Muzes. Só hai quatro quilómetros entre um e outro lugar.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s