Pañando palabras. Cernedeiro + Cachón

Bon día a todos e todas!!

Despóis da primeira publicación volven máis palabras pero estamos máis que abertxs a que se propoñan máis (escribide nos comentarios)

Cernedeiro da mao de cernada

Este palabro sae sempre cando se fala do pan ia cómo facíase antigamente as fogazas ou empanadas nos fornos comunais de cada unha das aldeas ou barrios das vilas. Esta palabra é curiosa porque nas propias zonas galegofalantes do Bierzo, como sucede en muitas ocasiois, atópanse tanto este término de orixe asturllionés como o galego-portugués cinsa.
Teño como exemplo que na zona de Valcarce, na Braña, dise cinsa pero comparte o borrallo ou borralla co resto das zonas como tamén dase en Furniella. Cál é a diferencia para vosoutrs?? Eu diría que a cernada é namás iso, cernada da queima da leña; mentras que o borrallo inda está quente ia contén ascuas ia madeira acendida pero sen chama.
Continuando cá definición, cernedeiro sería o lugar no que a cernada ía destinada limpando o forno. Nun namás no forno pois nas lareiras ou cociñas no chan antigamente tamén existía un buraquín onda a cernada poñíase despóis de que a lumbre fora apagada á noite ou nos fiandois. Así que esa cernada, como contaron en Paradela do Río, úsabase máis tarde para levala aos praos como abono ou pa faxer xabón. Moi útil, namáis barrela cunha xesta e punto.

Cernedeiro nun sería máis que o lugar onde caía ou gardábase a cernada. Moi útil ia usado actualmente pero falando doutra cernada menos sana , no? Cun lareiro, este pao con muitos usos que muitos xa olvidamos, aparte de coller o pan tamén limpábase a cernada para que se depositase no cernedeiro pasando pola abertura en caso de que haxa ou para barrer ao fondo a cernada ia deixar sitio para as masas ben feitiñas.

img_2526

Forno esbarrungado en Paradela do Río d’Eirriba, O Bierzo

Cernada, como dixen antes, nun é usado no máis oriente galego que sería cinsa ou cinxa ia así aparece no diccinario da Real Academia Galega. É entón posible encontrar tamén os outros términos nalgunhas aldeas de acó.  Por ello, cernada é unha acepción que iría dende O Bierzo baixo ata o máis oriente das falas leonesas ou no sur como en Senabria ou Seabria, Aliste ou maís cerca como na Cabrerira ou incluso en Asturias, éstas i’ as zonas do asturleonés, vaia.  Como dixen na anterior publicación, anímovos á xente de outros sitios a comentar como se di por eilí en cabreirés por exemplo ou noutras zonas galegofalantes o no occidente ou oriente asturiano. Hai un pueblo na Carbayeda, comarca inmediata á de Senabria, chamado Cernadiella ou Cernadilla (a última a oficial castelana).

“Pois collías un pau ou lareiro ia botabas a cernada pr’o cernedeiro onde quedaba pra despós usalo outro día cando estea cheo”
_____________

Sempre procurando manter algunha relación entre ámbalas palabras, toca agora unha que chama á “antonímica” auga. Da anterior, amiga dos xabois, jabones, ia dos cultivos ou das caras de tantas ninas ia ninos coa sorte de asistir a un fiandón… Pasamos logo, á singular cachón.
¿Qué diríais que es cachón?
Soe ter muitas definiciois diferentes ao menos nos diccionarios asturianos, galegos ia casteláns. Paréceme moi singular pois é a cal nomea un fenómeno moi específico dado no medio acuático. Unha informante de cerca de Toural dos Vados contoume que cachón é a auga que chega ao punto máximo ia comenza a ferver a máis nun poder. “Estar fervendo a cachón” “Pon iso a ferver a cachón ia despóis apártalo”.

Cás gurgullas ou burbullas ben grandes sería ese o punto de “estar a cachón” (apellido ademáis tamén). Nalgúns lugares no asturllionés central parece chamar ás olas grandes cando rompen espumosas ou cando a auga cae ia rompe.
Por otra banda,tamén como símbolo do distantes que estamos agora nestes días da natureza onde xa nun necesitamos tantas palabras relacionadas con ela, cachón tamén refírise ao chorro de auga que corre rápido por un río ou arroio, arrollo. Nunha corrente esos rápidos pequenos podrían ser cachois. Medio espumosos, que a verdá namás ocúrreseme o sinónimo “rápido” para denominalo. Así aparece ademáis no DGLA usado en Turenu no Bierzo alto. http://mas.lne.es/diccionario/palabra/5259
Palabra compartida polas linguas que sexan e, ao menos para algunos, descoñecida…

Cando o uso dunha palabra coménzase a perder, o que define tórnase invisible aos nosos ollos…

Non vedes cás vosas orellas os filiños brancos de burbullas circulares que chocan ia fainse coscas entre si?
Tan presto que
nin os vemos,
nin os chamamos.

A compartir para que haxa un diálogo nos comentarios (eiquí abaixo), é enriquecer o noso coñecemento non só cos libros ou recursos oficiais. Se coñecedes a xente que poida saber as palabras doutras zonas o para confirmar estas, pasáiselo!

Advertisements

About Grupo As Médulas para a Lingua e Cultura galegas

AS MÉDULAS para a Lingua e Cultura galegas do Bierzo somos un grupo plural, aberto á participación de todas e todos e non partidista. En pleno proceso de construción, o grupo pretende xuntar forzas en prol da dignificación do noso carácter e defender a dura situación que está a vivir a lingua galega na contorna berciana. Como tamén a cultural popular en xeral.
Estas entrada foi publicada en Pañando palabras coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Unha resposta a Pañando palabras. Cernedeiro + Cachón

  1. Os sonaban? Preguntai en casa ia comentai eiquí!

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s