Pola visualización do galego. Xabier Lago Mestre. Colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo

POLA VISUALIZACIÓN DO GALEGO

dedogalego

O Bierzo occidental é territorio histórico de idioma galego. Os seus habitantes falamos galego dende a Idade Media. Agora ben, aínda as administraciois locais non fan o que deben por apoiar esta lingua tradicional. Velaí o noso razoamento por unha maior visualización do galego.

A toponimia é unha materia principal para a recuperación do galego. Nada empece que as denominaciois dos nosos concellos xurdan en bilingüe. Son os casos de Barxas, A Veiga de Valcarce, Fabeiro, Vilafranca, Camponaraia, etc. Así sería moi doado fixar estes nomes bilingües na documentación administrativa ou nos sinais identificatorias das localidades.

Con relación á toponimia menor, a orografía, a hidronimia, etc. deberían ser na lingua tradicional galega. Ben sabemos que parte desta toponimia ten sido castelanizada, por iso hai que recuperar os nomes galegos orixinarios.

Cando nos fixamos na nosa orografía montañosa temos diversas serras, cordais interfluviais e vales (Fornela, Ancares, Valcarce…) que deberían ter un maior recoñecemento. Grandes ríos pero tamén os nosos regueiros poderían recuperar o seu protagonismo nos mapas locais. Outros termos hidrográficos posúen o seu encanto, lagoas, fervenzas, fontes, pontes, etc. ofrecen sosegos e rumores.

Os espazos vexetais son para estragarse. Temos morteiras, soutos, devesas, carballeiras, teixadais… agardan á visita humana. Nos montes queimados por fogos pasados invade a matogueira, con carqueixas, uceiras, xardois, etc.

No territorio atopamos termos como rozadas, labradas, searas… vellas referencias de explotaciois comunais. Mentres que nas zonas gandeiras hai alzadas, malladas ou brañas de bos pastos. Palabras cheas de esforzos e traballos pasados que merecen ser recordadas en la toponimia.

Temos diversidade de localidades pequenas como aldeas, barrios, vilares ou lugares. Moitos delas baixo a ameaza de despoboación. Paseemos pois polos seus rueiros, cruceiros, calexos e prazas. No seu terrádego hortas, cortiñas e airas onde resoan os golpes dos mallos.

Máis aló os cortíns para os osos ou foxos para lobos a recuperar. Nos altos agatuñamos até os castros e castelos para desfrutar dun mar toponímico. Logo a descender por corredoiras e carreiros que nos levan a frescos lameiros, pradoiros e meiras.

Toda esta toponimia merece ser recuperada por ser fontes históricas sen igual. Por iso non se entende o escaso respeito pola súa conservación por parte das administraciois locais. Pedanías, concellos e Consello comarcal teñen unha responsabilidade sobranceira. Estes entes locais deben executar políticas claras de recuperación toponímica.

Así seguimos a agardar rueiros con placas de nomes galegos. Nas páxinas web dos anteditos entes locais o idioma galego non existe. Os folletos turísticos rexeitan as explicaciois nesta lingua. Nos mapas do Bierzo a toponimia castelanízase con cada nova edición. Museos etnográficos que agochan a fala tradicional. A documentación administrativa só na única lingua oficial. Exemplos claros de imposiciois legais e sometementos foráneos. Estes atrancos son a razón da demanda de recoñecemento dos nosos dereitos lingüísticos.

Advertisements

About Grupo As Médulas para a Lingua e Cultura galegas

AS MÉDULAS para a Lingua e Cultura galegas do Bierzo somos un grupo plural, aberto á participación de todas e todos e non partidista. En pleno proceso de construción, o grupo pretende xuntar forzas en prol da dignificación do noso carácter e defender a dura situación que está a vivir a lingua galega na contorna berciana. Como tamén a cultural popular en xeral.
Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s