Pañando palabras. Chupón+Farraspas

Poucas “farraspas de chupois” podemos encontrar xa nas aldeas sequera. O inverno termina.

Os chupois poden ter muitos nomes.
A propia palabra mostra qué podíase facer con eles ou ao menos o que facían muitos ninos ia ninas cando os vían cando inda había.

Sóname familiar ia supoño que a muita xente tamén, tódolos diferentes sinónimos atopados nos diccionarios: dende carambelo, carambo, candea… Algús falando do seu uso coloquial ia outros da súa forma aparecida a unha candea (candela). Dixéronme tamén que pola zona de Arganza, Canedo chamábanse pingones ou pingois. Por esta palabra que si é usada no castelán no Bierzo “pingar”, cando algo gotea ia bota líquido pouco a pouco. Palabra moi viva.

SAMSUNG DIGITAL CAMERA

Foto ben lonxe do Bierzo nun pobo costero noruegués hai uns días.

Así que estos pingois ou caramelos solíanse ver amenudo colgando dos teitos ou outros sitios con bordes tras unha noite ben fría. Parece que xa vense poucos ia así unha muller contábame que, antes cando había, despóis da escola ían os ninos i’os collían pra lambelos como piroletas ou caramelos. Seguro que hai inda muitos máis nomes diferentes noutras terras ou vilas así que ponei abaixo nos comentarios cómo dise ou preguntai aos máis maiores. A facer traballo de campo por fa  🙂
Farraspas

Este palabro préstame abondo. Escuitau nunha muller da zona de Paradela do Río refiríndose as sobras ou restos da comida. “Namás quedaron unhas farraspas da tortilla de antoite”. Pero pra muitos de nosoutrxs seguro que nun é extraña , verdá?

En Turenu parece querer dicir cousas piquiñinas, menudas según o DGLA ese precioso diccionario recomendadísimo. Tamén gracias ao diccionario galego preguntein se servía pra outras cousas ia claro, farraspas como retales de tela ou restos de algo. Sentisteis outra acepción pra farraspa? Capa de neve quizás como di o DGLA? Farraspina como aparece nunha ollada rápida no buscador, sóname bastante ia aparece como nevada menuda case de auga. Nalgún titular leonés ia salmantino tamén aparece ia nun sein se querendo facer un guiño á lingua ou sen querer aportando unha palabra rexional como muitas veces sucede. No diccionario galego, por certo, nun a veo pero pódese dar tamén no oriente, alguén que o seiba? Pode haber evolucionado do concreto na neve a calqueira cousa menuda ou sobrante de algo. Así define Faceria Asociación (se nun lles coñecéis dailles unha ollada xa mesmo) nun vocabulario de Noceda del Bierzo, zona na zona llionesafalante.

Por certo, acabo de descubrir o vocabulario elaborado pra a revista La Curuxa por Faceira asociación ia como cabe de esperar, nun vistazo rápido o léxico dame a mín que pode encontrase na maior parte dos valles do Sil ia alredores. Haberá que inspirase ia contrastar tamén con esa publicación que namás coñecía en físico.

Eiquí o link https://issuu.com/asociacionfaceira/docs/vocabulario_de_noceda_del_bierzo

Veña, preguntai nun anaco á xente tanto na rúa ou aos familiares ia faceiles sonrir. Como xa dixen noutras entradas isto nun vai de investigaciois en profundidá senón de que a xente aporte da súa propia cosecha!! Así que animaivos, ho!

Advertisements

About Grupo As Médulas para a Lingua e Cultura galegas

AS MÉDULAS para a Lingua e Cultura galegas do Bierzo somos un grupo plural, aberto á participación de todas e todos e non partidista. En pleno proceso de construción, o grupo pretende xuntar forzas en prol da dignificación do noso carácter e defender a dura situación que está a vivir a lingua galega na contorna berciana. Como tamén a cultural popular en xeral.
Estas entrada foi publicada en Pañando palabras coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s