Pañando palabras doutros blogues

Mentras chega outra nova publicación ao blog de pañando palabras tomaremos ia recomendaremos tres blogues diferentes con, tamén, diferentes focos pero moi guapos. Gracias a todo o mundo de antemán!

Nos tres topamos palabras da zona oriental berciana.
No primeiro son sacadas do poemario do escritor Antonio Fernández y Morales con algunha das palabras curiosas ia localismos destas zonas. Escritor do que por certo podedes ler muitas cousas na rede e neste blog en concreto.
Sabíades que foi un dos primeiros en escribir en galego, inda que non estándar, e fíxono nunha zona galegofalante fora de Galicia? Moi interesante. Varias instituciois, como podeís ler, reclaman a súa homenaxe para o día das letras galegas posto que cada ano é fixado para un escritor diferente.
https://morales2011.blogspot.com.es/search/label/DIALECTO%20BERCIANO

Este traballo feito é moi aparecido ao que é feito cas entradas “pañando palabras” así que algunha vez podríamos tamén aproveitar as entradas de quen o fixo co seu permiso e mención claro. Esperemos que sexa divulgada a labor tamén con esta entrada. Moi guapas as súas “palabras da semana”.

Pola outra banda temos eiquí un blog máis xeneral cunha amplia lista de léxico de Trabadelo. Aldea xa fora da chaira do val do Sil na cal muitos vecíns ou vecinas nin sequera consideran do Bierzo senón “das montañas”. Moi interesante. Uttaris.

https://uttaris.blogspot.com.es/2012/01/vocabulario.html

Link dunha entrada no terceiro blog de Toural dos Vados sobre o escritor Antonio y Morales
https://af2toral.wordpress.com/2011/10/04/homenaje-a-antonio-fernndez-y-morales-carlos-24/

Neste outro blog centrado en Toural dos Vados con tamén algún que outro listado de léxico “popular” que nun é máis que galego, leonés ou romance non castelán rexional (qué máis da)  https://af2toral.wordpress.com/2009/07/21/dialectoral-a/

Hai máis entradas dedicadas aos refrais ou á matanaza entre outros. Nun deixade de visitar blogues da túa zona que fai muita ilusión á xente que escribe. Ou anímate a escribir”

Pois velaiquí estas direcciois para mergullarse no tempo que a xente que escribe gasta de manera moi eficente se o lemos. E muitas gracias a esas mans que espero que déanse por aludidas ia polo seu traballo.

Advertisements

About Grupo As Médulas para a Lingua e Cultura galegas

AS MÉDULAS para a Lingua e Cultura galegas do Bierzo somos un grupo plural, aberto á participación de todas e todos e non partidista. En pleno proceso de construción, o grupo pretende xuntar forzas en prol da dignificación do noso carácter e defender a dura situación que está a vivir a lingua galega na contorna berciana. Como tamén a cultural popular en xeral.
Estas entrada foi publicada en Pañando palabras coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s