Vixiga

Ola lectorxs!!

Algunha vez sintistéis a palabra vixiga ou vejiga na zona do Bierzo? Para mín era unha das palabras, como tanas outras, percibidas como vulgarismo castelán. Nun estamos falando do termo vixiga para aquel órgano onde se acumula o líquido filtrado polos riles ou reñiles (riñones) para que podamos vivir ia disfrutar da vida falando ou bailando bailes ia linguas minoritarias.
Referímonos as burbullas que saen na pel normalmente das maos traballando, cando nun compramos no súper, ia plantamos co picacho cebolas de Vilafranca por exemplo. Ou nos pés despóis de levar un calzado non moi apropiado ia estar unha boa noite dándolle as jotas ia muliñeiras…
O que en castelán díse ampolla, muita xente chámano vixiga ou a castelanizada vejiga.  Vemos nos diccionarios que tamén é común noutras zonas do Sil ia no asturleonés. Claro tamén, as mesmas vixigas tras quemaduras de cociña, digamos, empanadas de grelos con pasas de Borrenes.

Nun haberá foto que nun é das cousas máis agradables de ver.
Mandainos as vosas propostas ou palabros en desuso na variedá que sexa.

Advertisements

About Grupo As Médulas para a Lingua e Cultura galegas

AS MÉDULAS para a Lingua e Cultura galegas do Bierzo somos un grupo plural, aberto á participación de todas e todos e non partidista. En pleno proceso de construción, o grupo pretende xuntar forzas en prol da dignificación do noso carácter e defender a dura situación que está a vivir a lingua galega na contorna berciana. Como tamén a cultural popular en xeral.
Estas entrada foi publicada en Pañando palabras coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s