Bicentenario do nacemento de Antonio Fernández Morales. IN MEMORIAM. Por Manuel González Prieto

 

Sempre amigo de parlar
cuanto guipan os meus ollos,
vouche, lector, a contar
o que a través dos anteollos
viron nun certo lugar

Compartimos versos, discurso e o máis importante, compartimos ilusións, en comunidade, e con humildade seguimos as recomendacións do noso cantor berciano, cando di…

Non por eso desistín
de volver ó fiandón,
mais esta vez discurrín
ir a lombos do rocín
e tuven muita razón

Hoxe, altofalantes dos poemas….

Perla do Bierzo, vívido astro dese vergel
onde o romano deixou o rastro
do seu dominio no Fuerte, o Castro
i en Pajariel

Si, está a falar de Ponferrada, e nos seus versos chimpan os nomes das nosas vilas e aldeas, e algunha que outra moi fachendosa de seu, lizgaira pregoa os seus honores. Por exemplo, a presumida Vilafranca…

Este lugar é unha villa
franca, garrida, sencilla,
cos honores de Ciudá,
que de dous ríos na orilla
e nun val clavada está

O autor atina, mais non só presume Vilafranca, todas elas presumen, e para comprobar isto que digo, recomendo ir á feira, a Vilafranca. Lede con atención os versos que din…

Si logo se vai á plaza,
ailí verá pampalliños,
liño en cerros pequeniños,
de Dragonte leña e caza
e de Hornixa marraniños

Leite fresca de Vilela,
as tarxas de Ponferrada,
as truitas de Paradela,
de Burbia a leite mazada
i estopa de Horta en manelas

Manteca, en grandes roscois
de tripas, de Paradiña,
de Penoselo jamois,
perdices da Veigueliña,
e de Ruitelán castrois

É tempo de vendimas. Tamén cómpre lembrarmos de todos aqueles veciños e veciñas que traballan a reo pra que poidamos gozar dos saborosos viños e mostos bercianos. E aproveito a ocasión para propoñer un brinde. Un brinde polo pasado, presente e futuro, polas nosas traidiciois e costumes, pola literatura, polos versos do escritor, polas xuntanzas. POR NÓS. E velaquí este BRINDE versado polo autor…

Chega o tempo da vendima
i é gloria estonces mirar
cuál bule a xente e se anima,
o espíritu se sublima
aquel tempo ó recordar

E si, 200 anos despois do nacemento de Don Antonio Fernández Morales, afirmo con rotundidade que tamén hoxe somos berce de poetas. E quero pechar esta achega cunha poesía que escribín e coa que selei o meu pacto con esta terra berciana.

Terra Pro (TEXTO/A) aos catro ventos e
pecha o sol
eternos amoríos
o intrínseco nun sentir mol
acubillado morno animal ao lombo
vastas invernías
beizóns envoltas en ceo gris arxenta e
cae a noite
gardador e carne terna
a duodécima tentativa
non son quen de ver o teu triste final ao lonxe do val
es paso eterno de mercadorías
en ti fican as pisadas
túas son
máis aló das envolturas
abrirás e espertarás de novo
teis espírito de liberada
axitei a rabia na túa honra
tornarás titán
cantos de serea agoiran tempestades
ardua tarefa domealos
avíe o canón capitán!
a cabeza zoa a rabia embate
en sincronía nas túas faldras punidos
anacrónicos
azuis e claros ao amencer
as túas veas tornarán en flor
porfío na terra asoballada
na linde dos confíns da terra
a viva voz!

Advertisements

About Grupo As Médulas para a Lingua e Cultura galegas

AS MÉDULAS para a Lingua e Cultura galegas do Bierzo somos un grupo plural, aberto á participación de todas e todos e non partidista. En pleno proceso de construción, o grupo pretende xuntar forzas en prol da dignificación do noso carácter e defender a dura situación que está a vivir a lingua galega na contorna berciana. Como tamén a cultural popular en xeral.
Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s