No Bicentenario de Antonio Fernández Morales, o cantor do Bierzo, na Casa de Rosalía

No Bicentenario de Antonio Fernández Morales, o cantor do Bierzo, na Casa de Rosalía

 

O venres, 6 de outubro, ás 20 horas, na Casa-Museo Rosalía de Castro, terá lugar un acto en homenaxe o noso escritor berciano ANTONIO FERNÁNDEZ MORALES.

Coa presenza de:

Xosé Henrique Costas, académico correspondente da Real Academia Galega
Héctor Silveiro, académico correspondente da Real Academia Galega polo Bierzo
Anxo Angueira, escritor e presidente da Fundación Rosalía de Castro
Manuel González Prieto, membro do Grupo As Médulas para a Lingua e cultura galegas do Bierzo
Dennis Álvarez Guerrero, membro do Grupo As Médulas para a Lingua e cultura galegas do Bierzo
Romina Bal, poeta

About Grupo As Médulas para a Lingua e Cultura galegas

AS MÉDULAS para a Lingua e Cultura galegas do Bierzo somos un grupo plural, aberto á participación de todas e todos e non partidista. En pleno proceso de construción, o grupo pretende xuntar forzas en prol da dignificación do noso carácter e defender a dura situación que está a vivir a lingua galega na contorna berciana. Como tamén a cultural popular en xeral.
Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar un comentario