Pandeira sen fronteiras!

Vaise celebrar un curso maís que maravilloso que ademais aporta en contra da queima cultural que estamos a presenciar. Onde? No fermoso Piornedo nos Ancares.

 

21752829_2072848196270656_8017316148705934329_o

Nese punto ou enclave natural, que pode que polo seu dificil acceso teña conservao mais da sua riqueza cultural ie ecolóxica, vai haber esta finde un obradoiro do mais interesante.
Nun son namais as linguas o que está a desaparecer en muitos lugares, senón tamén outras partes da cultura herdada en tantas decadas… A música, como neste caso, é un pilar importante que sen o cal todo o mundo perdería. Tanto a xente de Xixón como de Lanzarote ou Tbilisi tein o dereito de poder escuitar ou tocar cos sones que nos van deixando. Que nun morran.

Bueno, eiquí un exemplo de iniciativa pra pasalo ben, coñecer xente, coñecer Os Ancares ie a súa cultura.
Gracias a muita xente que está aprendendo ie ensinando continuamente, parece que certos aspectos están máis vivos que nunca ie é moi fácil sentir certa música en numerosos concertos, festivais ou festas.   Sexas gaioleirx ou non nunca é tarde pa aprender ie pasalo ben.

Deixo eiquí o cartelín do curso que nun o compartimos namais poque aparezan xeitos de tocar a pandeira ie pandeireta de León, Asturias ie Galicia, senón porque a cultura ancaresa é maís que familiar para muitos de nosoutros. Pra máis información tamén tei-lo cartel en facebook na pázina de “A festa da Pandeira”  festa de encontro a cal alguís somos fans tamén !

Sorte ie a tocar ie bailar !!

Advertisements

About Grupo As Médulas para a Lingua e Cultura galegas

AS MÉDULAS para a Lingua e Cultura galegas do Bierzo somos un grupo plural, aberto á participación de todas e todos e non partidista. En pleno proceso de construción, o grupo pretende xuntar forzas en prol da dignificación do noso carácter e defender a dura situación que está a vivir a lingua galega na contorna berciana. Como tamén a cultural popular en xeral.
Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s