Celebración dos I Premios Morales para a promoción da lingua galega no Bierzo. Tras os pasos de Morales: os magostos

I PREMIOS MORALES PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA NO BERZO. TRAS OS PASOS DE MORALES: OS MAGOSTOS

ENTREGA DE PREMIOS. O sábado 20 de outubro, ás 17 horas, na praza principal situada a carón da fonte, na Pedanía das Médulas, Concello de Carucedo, terá lugar a entrega dos “I Premios Morales para a promoción da lingua galega no Bierzo. Tras os pasos de Morales: Os magostos”, e na que participarán representantes das institucións e entidades promotoras do premio: Xunta de Galicia, Junta de Castilla y León, Consejo Comarcal del Bierzo, Real Academia Galega, Instituto de Estudios Bercianos, Grupo As Medulas para a lingua e cultura galegas do Bierzo e Edicións Positivas, así como o alumno premiado. Os traballos premiados foron seleccionados para facer parte dunha publicación que se presentará durante o acto e na que se valorou a orixinalidade, a creatividade e innovación, a calidade estética e artística e, no caso das creacións literarias, a calidade lingüística.

CONTOS DE MEDO, CON PAULA CARBALLEIRA. Tras a entrega de premios e na contorna das Médulas, haberá un contacontos, para pequenos e maiores, a cargo de Paula Carballeira.

MAGOSTO POPULAR. Na praza principal da Pedanía das Médulas celebraremos un Magosto popular, no que haberá castañas, viño e refrescos.

Amenizará a velada a ORQUESTRA “OS PAMPLINAS”.

 

REUNIÓN ABERTA NO RESTAURANTE “AGOGA”. O sábado 20 de outubro, ás 12 horas, no Restaurante Agoga, na Pedanía das Médulas, Concello de Carucedo, terá lugar unha reunión aberta para compartir propostas para dinamizar o galego no Bierzo e a celebración dos II Premios Morales para a promoción do galego no Bierzo.

Tras a reunión haberá unha butelada no restaurante.
(*) Para asistir pregamos confirmar asistencia antes do día 19 de outubro, no correo electrónico: premiosmorales@gmail.com

 

 

 

 

About Grupo As Médulas para a Lingua e Cultura galegas

AS MÉDULAS para a Lingua e Cultura galegas do Bierzo somos un grupo plural, aberto á participación de todas e todos e non partidista. En pleno proceso de construción, o grupo pretende xuntar forzas en prol da dignificación do noso carácter e defender a dura situación que está a vivir a lingua galega na contorna berciana. Como tamén a cultural popular en xeral.
Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

2 Responses to Celebración dos I Premios Morales para a promoción da lingua galega no Bierzo. Tras os pasos de Morales: os magostos

  1. Pingback: I PREMIO MORALES PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA NO BIERZO. Tras os pasos de Morales: os magostos | Periódico el Buscador

  2. Pingback: Fotos e novas de interese. I Premios Morales para a promoción do idioma galego no Bierzo. Tras os pasos de Morales: os magostos | Grupo As Médulas para a Lingua e Cultura galegas do Bierzo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s