O grupo pretende apoiar, acompañar, espallar e divulgar actividades culturais e lingüísticas promovidas no Bierzo, así como poñer en marcha actividades relacionadas coa lingua galega
About Grupo As Médulas para a Lingua e Cultura galegas
AS MÉDULAS para a Lingua e Cultura galegas do Bierzo somos un grupo plural, aberto á participación de todas e todos e non partidista.
En pleno proceso de construción, o grupo pretende xuntar forzas en prol da dignificación do noso carácter e defender a dura situación que está a vivir a lingua galega na contorna berciana. Como tamén a cultural popular en xeral.