A Escola de Gaitas

MEDULAS - 1.cdr

NA FESTA DO MAIO NACE A CONCIENCIA DA LINGUA  NA ESCOLA DE GAITAS

Explorar0010 - copia

1º programa 86A Escola de Gaitas nace no ano 1981 e o seu compromiso co idioma comeza incluso antes de ser un colectivo musical. Desde que asumimos como unha cuestión esencial a recuperación da Festa do maio empezou a ser a nosa fala un dos elementos claves que definen o noso traballo cultural, unha proba evidente será o nome que escollemos á hora de creala ou a realización de carteis que se foron facendo. Así que no ano 1986, cuando levamos á imprenta dípticos e carteis, por vez primeira, ían  xa en galego. Logo a noso humilde aporte na defensa da lingua foise intensificando.  A Escola desde ese ano realiza unha visita aos colexios periodicamente para fomentar este singular costume e propiciar a súa recuperación entre as novas xeraciois.

 

A ESCOLA  ORGANIZA AS XORNADAS  DA CULTURA E LINGUA GALEGAS  NO BIERZO

1990A nosa actividade a prol do galego foi máis explícita a partir de eventos aos que se nos invitou a participar como os Encontros do Galego Exterior (Facultade de Filoloxía Santiago de Compostela  novembro de 1989) e, especialmente, do I Congreso da Lingua e Cultura Galegas en Asturias, León e Zamora (Celanova, 22 de decembro do 1989), pois  co mesmo formato celebraríase unha segunda edición deste  Congreso en Vilafranca do Bierzo no ano 90, participando xa na organización e na elaboración das conclusións como membros da recén creada Mesa pola defensa do galego no Bierzo.   Logo no Congreso de Folklore y Etnografía organizado polo Instituto de Estudios portada+e+estrutura+da+gravación+001Bercianos (1991) é moi significativa a dobre intervención  realizada como  ponentes  “Un século de gaiteiros nos lindeiros culturais galegos traballo publicado posteriormente polo IEB, en galego e castelán, na  revista nº 16 (1992) e como músicos tradicionais no acto de Clausura. Había pouco que con motivo do noso X aniversario reuníramos aos gaiteiros tradicionais da zona e graváramos aquel Encontro que axiña sairía editado.

foto xornadas 1No ano 1993, 94,  95 e 96  a Escola de Gaitas pasou dalgún xeito á vangarda da defensa do galego ao organizar as denominadas Xornadas da Cultura e Lingua galegas no Bierzo e, como pode verse polos contidos das publicaciois das Memorias das mesmas, contribuímos nese momento ao posicionamento doutras entidades bercianas abrindo camiños futuros para a nosa fala. A partir do 96, tras da aparición do Colectivo Fala Ceibe, o noso papel foi distinto, se ben o compromiso e traballo de noso non cesaron.

Aínda así sería a Comisión Cultural Martín Sarmiento, da que forma parte a propia Escola de Gaitas dende a súa creación no ano 2001,  quen reedita finalmente aquelas memorables xornadas que, xa co galego nas escolas,pasaron a denominarse  Xornadas “Martín Sarmiento”.

O ANO 2002: UN ANTES E UN DESPOIS DO PARA O GALEGO NO BIERZO
Unidade Didáctica ano 93A aprobación na Comisión de Educación do Parlamento español da introdución do galego nas escolas do Bierzo chegaría cuando a baixa natalidade e a despoboación de núcleos rurais reducira ostensiblemente o número de nenos galegofalantes, pero confirmou a urxencia que nos manifestaban mestres e pais sensibles á problemática, dez ou doce anos antes, daquela o Consello Escolar de Vilafranca sufrira por parte da Dirección Provincial de Educación de León a prohibición fulminante dun obradoiro de galego que se impartía na nosa vila. Na década dos 93 e 94 a Escola de Gaitas publica varios materiais en galego destinados a fomentar o uso do galego nos colexios da contorna.  Nos institutos de Ponferrada pouco despois se comezabaconcurso de maios II no teatro unha recollida de sinaturas solicitando a introdución do galego. Finalmente as circunstancias fixeron mudar ás autoridades que se viron forzadas á inclusión no Estatuto de Autonomía de Castilla y León (1999) dunha tímida referencia á promoción do galego en territorios como o Bierzo e que permitiría asinar o acordo entre a Xunta de Galicia e a Junta no ano 2001.

Un feito digno de mención foi a proposta do Día das Letras do 2002 para Sarmiento pois a presenza da Academia galega en Vilafranca tomaron corpo cada unha das acciois puntuais que se viñan realizando, dignificando a lingua e fíxose evidente para muitos bercianos que o galego formaba parte da súa cultura. Se non está intimamente ligado coa sinatura do convenio do Programa de Promoción do galego nos centros de ensino da comarca, polo foto académicosmenos serviu para  asentar aquel traballo feito dende o Bierzo por mestres e asociaciois. E será a Academia de novo quen tome a iniciativa o ano 2004 de nomear aos académicos correspondentes polas zonas galegófonas,  pensando nun dos membros da Escola de Gaitas, Héctor Silveiro, para representar ao Bierzo, o que supón un recoñecemento, unha dignificación e unha ferramenta de traballo tanto para a nosa comarca como, para as do Navia-Eo en Asturias, a das Portelas en Zamora e do Ellas Entrega de pergamiño de honra 19 maio 2002en Estremadura. Precisamente polo labor a prol do galego no Bierzo recibimos en Padrón ese ano 2002 o Pergamiño de Honra outorgado polo Padroado Rosalía de Castro  xunto a outros movementos reivindicadores do galego nos territorios de Asturias e Zamora. Neste ano inicia tamén unha publicación na rede na que hoxe conta distintos blogs nos que se pode seguir a súa traxectoria e actividades.

NO NOSO XXV ANIVERSARIO: ALGO MÁIS QUE GAITEIROS

Copia de Explorar0009O 17 de setembro de 2005 promovemos unha ampla iniciativa de apoio do Bierzo e das Portelas de Zamora á candidatura á Unesco do Patromonio inmaterial galego portugués, reunindo en Vilafranca unha ampla e rica exposición de usos e costumes da cultura tradicional galega propia da nosa comarca. No ano  2006 ao cumprir 25 anos de existencia ninguén dubidaba no Bierzo que a Escola de Gaitas era algo máis que a primeira escola dos lindes culturais de Galicia. O recoñecemento volveuse a reiterar, esta vez por parte dos compañeiros bercianos nos Premios Xarmenta do 2007.

O ano 2008 creamos un selo editorial denominado BIERZO TRADICIONAL  no que editamosPORTADA_VIDEO un DVD sobre a Festa do maio, tras máis de 30 anos de revitalización desta tradición tan representativa do patrimonio inmaterial un ano máis tarde é declarada Festa de de Interese Turístico Provincial.

Logo chegaría a edición do libro de investigación e divulgación sobre os xigantes de Vilafranca titulado Palillos de madeira (2011) que agás Copia  de Prensaun apéndice a modo de resumo escrito en castelán, está escrito integramente en galego.

Outra actividade relacionada coa lingua na que temos participado dende na colaboración activa da súa organización e desenvolvemento, ata como ponentes ou como músicos tradicionais é a Escola Permanente Fermín Penzol que organiza a Universidade de Vigo, na súa 5ª edición, das varias que levou a cabo no Bierzo, no mes de marzo do 2010 entregou un dos premios de dignificación da lingua a Marisa Cela, que é unha das compoñentes da Escola de gaitas máis Copia de 100_0734 (1).jpgdestacadas que nos últimos anos vén traballando no estudo e difusión da gaita no Bierzo como Directora da Escola Municipal de Música de Vilafranca.

Como xa se dixo o noso traballo en materia de lingua en gran medida plásmase na posta en marcha e dinamización posterior da Comisión Cultural Martín Sarmiento nas Xornadas que esta organiza anualmente en Vilafranca do Bierzo e para as que vén elaborado diversos bierzo diario.jpgmateriais coa intención de contribuír cos denominados Intercambios escolares “Martín Sarmiento”.  No 2011 tras unha edición especial dunha revista interna da asociación chamada O correo da Escola en homenaxe a Antonio Fernández Morales,  presentamos a Comisión Cultural e a Escola de Gaitas o Día das Letras Galegas (17 de maio) un caderno de propostas didácticas: Rexurdimento do galego no Bierzo. Máis adiante nacería o proxecto: Da mao de Sarmiento (2014)  no que están implicados tamén a Asociación ecoloxista A Morteira e a Asociación Burval, coas que vimos colaborando asiduamente. Un proceso que culmina no 2015 co asentamento do 9 de marzo como Día do galego nos centros educativos do Bierzo.

Da mao de Sarmiento 2014.jpg