A vindicación galegoberciana no 2016. Polo colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo

MEDULAS - 1.cdr

A fines do 2015 xorde o novo grupo de defensa do galego no Bierzo que se chama As Médulas. Todos e todas desexamos que este colectivo cultural consiga unir aos loitadores polas culturas e lingua galega da nosa rexión estremeira. Dende o colectivo Fala Ceibe trataremos de axudar para formar un grupo galegueiro máis potente cós xa existentes. Coa mellor das intenciois facemos agora un feixe de propostas de intervención de cara ao 2016.

descarga

A REFORMA DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE CASTELA E LEÓN

Trala nova composición política das Cortes de Castela e León hai rumores das intenciois dalgúns grupos de principiar a reforma do actual Estatuto de Autonomía de Castela e León. Por iso estamos dispostos a tomar a iniciativa para propor a modificación do artigo estatutario que se refire expresamente á presenza do idioma galego. A mellor protección 100px-Escudo_de_El_Bierzo.svg.pngpara a nosa lingua sería a través da concesión do estatuto de oficialidade. Por iso esta será a nosa demanda política principal. Faremos unha campaña específica (carteis, comunicados, busca de apoios institucionais,…) para facer presión aos políticos con escano no Parlamento autonómico.

Neste contexto de reforma do Estatuto de Autonomía tamén imos incluír a demanda de modificación do artigo que se refire ao Consello Comarcal do Bierzo. Cremos firmemente que a consecución de máis autonomía para Bierzo significará poder institucional noso para apoiar a lingua galega rexional.

 

POR UN MEDIO DE EXPRESIÓN GALEGUEIRO

O grupo As Médulas necesita un medio de expresión propio para estreitar os vincallos coa cidadanía galegofalante do Bierzo. A internet é a mellor canle de aproximación aos falantes por ser dereito e de baixo custo. Podes comezar por un sinxelo blogue de balde e distribuír os seus contidos mediante as redes sociais (Facebook, twitter, etc).

O reto será informar de artigos e novas de interese social. Hai que atopar eses contidos imagescanto antes, segundo temáticas (natureza, literatura, deportes, rotas turísticas, festas, etc) e grupos sociais (mocidade, vedraños, novas tecnoloxías,…).  Pero a chave da cuestión está en entender que a lingua galega é o medio de expresión idóneo para calquera temática de hoxe. A nosa lingua ten que ser aproveitada por tódolos falantes segundo as súas necesidades. Por iso non compartimos un marco cultural estreito para fomentar o galego no Bierzo.

Importante é dar voz ás comunidades rurais que non contan para os medios de comunicación máis poderosos economicamente. Estas comunidades gardan a sabedoría popular sen igual que paga a pena rescatar do esquecemento.

 

REVITALIZAR A CULTURA GALEGA TRADICIONAL

Un espazo sobranceiro pode ocupar a recuperación da nosa cultura tradicional referida á literatura oral (contos, lendas, adiviñas,…), toponimia, tradiciois, arquitectura rural, ordenación territorial (parroquias, pedanías, etc), comunicaciois terrestres, agricultura,… Por iso non estaría mal facer anualmente xornadas que servisen para divulgar os estudos referidos a estas materias. As citadas xornadas divulgativas estimularían a investigación e maila súa divulgación social.

 

BERCIANIZAR O GALEGO

O galego no Bierzo ten unha forte problemática social porque perde falantes cada día (envellecemento, emigración,…). Cómpre recuperar falantes entre a mocidade mediante criterios de prestixio e funcionalidade. Algo que non resultará doado de acadar.

Bandera_de_El_Bierzo.svg.pngQuizais o primeiro sería bercianizar o galego para que este idioma non resulte alleo a certas camadas de bercianos. Falamos dun proceso lento e continuado de cambio da mentalidade social.

Non se pode negar a conciencia bercianista que hai na nosa rexión,  mestura de conciencia territorial, política, social ou cultural. Cantos máis bercianos asimilen que o galego forma parte da nosa idiosincrasia grupal mellor para a supervivencia da nosa lingua. A adopción social do galego depende da súa funcionalidade pero tamén da súa capacidade sentimental no seo do pobo berciano.

O galego do Bierzo ten que aproveitarse da simboloxía territorial e institucional para acelerar a asimilación social que pretendemos. Só así loitaremos con eficacia fronte ao illamento idiomático (dialectialismo, galego normativo, galego/leonés, …).

 

PROTAGONISMO DO CONSELLO COMARCAL

Despois das eleciois locais de 2015 hai un novo Consello Comarcal do Bierzo, un goberno deBIERZO CART cjocomarcal13 - copia.jpg coalición socialista y bercianista. Deste xeito hai unha conxuntura política máis favorable para os intereses da cultura galego berciana.  Velaí a necesidade de presentar un feixe de demandas galegueiras ao longo do mandato de catro anos. Ademais, teñamos en conta que o Consello Comarcal ten a obriga de apoiar ao resto de administraciois locais, a saber, concellos municipais e mailas pedanías. Estas dúas últimas non contan con medios suficientes (persoais, materiais e financeiros) para levar unha normalización lingüística das súas administraciois, por iso precisan da axuda do dito Consello Comarcal.

 

VISUALIZACIÓN DA NOSA LINGUA NA REXIÓN

Cremos de interese promocionar o galego de xeito que preste á cidadanía. Visualizar o G21D5207.jpggalego na internet é importante coas imaxes atractivas que relacionen este idioma cos intereses culturais, económicos, deportivos, políticos da nosa rexión berciana. O galego ten que estar presenta na paisaxe urbana e rural, a través da cartelería ou as pintadas. A cidadanía ten que sentir a presenza do galego nas súas cidades, vilas e aldeas. Primeiro visualizar, a seguir a concienciación, individual e colectiva, e maila asimilación, despois o interese pola aprendizaxe e fala. Trátase dun proceso de moito tempo no cal é difícil controlar a súa cadencia porque o marca a propia minoría faladora.

O Bierzo, xaneiro de 2016

Advertisements