Comisión Cultural Martín Sarmiento

MEDULAS - 1.cdr

O seu nacemento

A Comisión Cultural Martín Sarmiento naceu como unha plataforma de asociaciois coa intención de divulgar e difundir a figura, a obra e o modus operandi do erudito na súa vila natal e na comarca do Bierzo. Nacía no 2001 ao ser anunciado que o Día das Letras Galegas do ano seguinte a Academia Galega homenaxearía ao Padre Sarmiento.

 

Os seus obxectivos

  • Renderlle unha nova homenaxe a Sarmiento, natural de Vilafranca do Bierzo, manifestando a nosa intención de sumarnos a celebración no ano 2002 das LETRAS GALEGAS, ano no que ía ser homenaxeado en toda Galicia.
  • Solicitar da Real Academia Galega a nosa intención de albergar os actos do 17 de maio.descarga.jpg
  • Solicitar da Xunta de Galicia e a Junta de Castela y León a sinatura dun convenio para a reconstrución da Casa Natal de Martín Sarmiento en Vilafranca como centro das Artes e a Cultura no Camiño a Compostela e Centro de Divulgación da obra do erudito.
  • Pór en marcha iniciativas que permitan colocar o noso patrimonio histórico-artístico, cultural e natural en relación directa coa polifacética obra de Martín Sarmiento para asentar unha oferta cultural atractiva incorporando de forma efectiva a vida, obra e pensamento do ilustrado como baluarte do noso conxunto patrimonial.

 

As actividades desenvolvidas

En primeiro lugar, a Comisión ocupouse de que no Día das Letras do 2002 houbese unha funda-academia-galegapresenza institucional en Vilafranca para o que se iniciaron unha serie de xestiois coa Alcaldía e coa propia Academia que chegaron a bo porto pois o 18 de maio, por vez primeira na súa historia, realizouse un plenario da Academia Galega no Teatro de Vilafranca do Bierzo, a segunda sesión de homenaxe ao ilustrado galego-berciano que tivera o seu principio en Pontevedra o día anterior.

A Comisión Cultural realizou actividades ao longo dese ano Sarmiento e acordou seguir realizándoas anualmente arredor do 9 de marzo, data do seu nacemento.

Á vez fíxose un seguimento ao asunto da rehabilitación da CASA NATAL  que polo de agora vén sendo o apartado con resultados máis negativos nesta especie de sección 186131_1denominada SARMIENTO E O CAMIÑO que traballa a dimensión das viaxes e o patrimonio histórico-artístico e que a pesar de lograr apoios significativos, como o do Consello da Cultura Galega, non acadou o seu principal obxectivo, o da creación dese centro cultural na casa natal de Sarmiento ( podes saber máis no blog ).

Xurdiron pola contra noutros ámbitos iniciativas que se van consolidando e teñen transcendencia.  A Asociación Cultural Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo que forma parte parte constituínte da denominada COMISIÓN CULTURAL SARMIENTO, presentou no 2002 dous proxectos relacionados directamente e dun xeito moi práctico coa promoción e fomento do uso do galego no Bierzo:

SARMIENTO E A LINGUA NO BIERZO

A filosofía que move dito proxecto procura a consolidación e facer medrar o uso do galego no Bierzo. A Escola organizara nos anos 90 as denominadas Xornadas da
Cultura e Lingua galegas no Bierzo (podes ver algunha información cartel sarmientocomplementaria na seguinte ligazón web) antes da introdución do galego nos centros de Ensino. Dende a Comisión Cultural se lles deu continuidade e como desde o 2001 xa había aulas de galego se incorporaron novas propostas como os denominados Intercambios escolares Martín Sarmiento  que de xeito anual se veñen realizando á par das Xornadas Martín Sarmiento.

SARMIENTO: ESCOLA, NATUREZA E LINGUA

O desenvolvemento dunha Aula da Natureza Martín Sarmiento foi unha iniciativa que ía ao encontro da recuperación  do Museo de Ciencias Naturais dos Padres Paúis en Vilafranca promovendo un convenio de cesión ao Concello de Vilafranca
1679-33028-a-xormarsarpara facer factible dita recuperación. Recentemente coa creación da Asociación Burval, principal dinamizadora do Museo, se vén colaborando con ela para promover a rehabilitación e a incorporación de proxectos relacionados con Sarmiento. Para obter máis datos sobre estas actividades consultar o blog.

 Un dos logros máis recentes da Comisión Cultural foi consolidar as Xornadas Martín Sarmiento como actividade máis representativa desta Comisión Cultural e ocupar un destacado papel na defensa e mellora do Programa de Promoción do Galego nos centros de ensino do Bierzo para o que se celebra o Día do Galego nos centros escolares ou do Programa do Galego no Bierzo dende o ano 2014.

Podedes consultar as diversas actividades e traballos  realizados nestes anos en diversos lugares  principalmente no blog O mego da escola , creado pola propia Comisión para difundir pola rede as súas iniciativas.

Advertisements