Por que?
– Porque ampliarás o teu acervo lingüístico sabendo unha lingua románica máis.
– Porque te poderás comunicar con milleiros de persoas, tanto galegos coma lusófonos.
– Porque che abrirá portas no ámbito laboral da comunidade galega, tanto no eido público coma no privado. Velaquí os niveis de competencia que poderás acadar:
CURSO | NIVEL | VALIDABLE por |
2º Nivel Básico | A2 | Celga 1 |
2º Nivel Intermedio | B1 | Celga 2 |
2º Nivel Avanzado | B2 | Celga 3 |
Curso Especializado | C1 | Celga 4 |
– Porque che dará a acreditación necesaria para desenvolveres a docencia en varios
niveis da función pública, tanto no Bierzo coma en Galicia.
– Porque che puntuará nun concurso de traslados na función pública docente.
– Porque che será valorado como formación permanente do profesorado.
Como?
– Se non posúes ningún coñecemento de lingua galega, matricúlate en 1º de Nivel Básico.
– Se contas cun certificado que che acredite coñecementos de galego dispós duns accesos directos que podes consultar na web da escola.
– Se tes coñecementos de galego, pero non dispós de ningún certificado que chos acredite, poderás realizar unha proba de nivel para te situares no curso que mellor che acaia.
Cando?
Deberás preinscribirte e logo formalizar a túa matrícula segundo os prazos que estipule o centro e que terás á túa disposición na páxina web http://www.eoiponferrada.org.
Onde?
Virtualmente a través da páxina web da escola.
Persoalmente na administración da Escola Oficial de Idiomas, cuxo enderezo é: Vía Río Burbia s/n 24402 Ponferrada.
Máis información
A páxina web do centro:
http://www.eoiponferrada.org
O teléfono: 987 40 22 00
Os enderezos electrónicos: dptogallego@eoiponferrada.org e martagonzalez@eoiponferrada.org