Os poemas de Antonio Fernández e Morales. Creación libre

MEDULAS - 1.cdr

535137_471677606352503_1520250519189536520_nA ACTIVIDADE

A través da creación libre e co obxectivo de divulgar a obra poética do escritor berciano Antonio Fernández e Morales, convidámol_s a participar na seguinte actividade:

A creación dun relato, poema, texto periodístico,pintura, escultura, fotografía, cartel, vídeo, … a partir dun verso,dous versos ou unha estrofa, dalgún dos poemas seleccionados de Antonio Fernández e Morales, coa finalidade de espallar e divulgar a súa obra.

Recolleremos as propostas durante o mes de abril, no enderezo electrónico do grupo: grupoasmedulas@gmail.com.

Divulgaremos os traballos recollidos a través do noso blog e redes sociais, no mes de maio.

Se vos animades a participar, enviádenos un texto, unha imaxe ou un vídeo.

 

A SELECCIÓN DE POEMAS DO AUTOR220px-Ensayos_poéticos_en_dialecto_berciano

O FIANDON D´ A ALDEA

A PONFERRADA

VILLAFRANCA Y A VENDIMA

OS MAGOSTOS

O SAN ROQUE EN PARADELA

O ENTRÓIDO

¨N A VOLTA D´ A SEGA

 

O PORQUÉ DA ACTIVIDADEwwan

O próximo ano 2017 conmemórase  o bicentenario do nacemento de Antonio Fernández e Morales, escritor referente do Rexurdimento literario galego e autor da grande obra Ensaios poéticos en dialecto berciano, publicada no ano 1861.

A obra poética Ensaios poéticos en dialecto berciano achegou á historia da literatura galega o carácter da comarca berciana, administrativamente leonesa, mais estreitamente vinculada con Galicia, coa que comparte historia, costumes, lingua e tradición.

Advertisements