Letras Galegas 2016. Manuel María, na voz de Carme Prieto e Víctor Miguel Villar

MEDULAS - 1.cdr


CANCIÓN DAS MÉDULAS, NA VOZ DE CARME PRIETO

O BIERZO, NA VOZ DE VÍCTOR MIGUEL VILLAR

Canción das Médulas

As Médulas son un mundo
insólito e alucinante
cos seus castiñeiriños vellos
e o seu vermello sangrante.

As Médulas son Galaecia,
o propio ser ancestral,
terra galega onde vive
a nosa patria inmortal.

(…)

 

 

O Bierzo é como unha néboa branca,O Bierzo
esfarrapada, inconcreta e esvaída,
unha soedá desamparada,
un silencio.

As súas aves máis cantoras son
o Sil, o Burbia e o Valcarce
monologando para ninguén
puras e eternas alboradas.

(…)