Lingua e cultura galegas no Bierzo
Recursos en liña
- Actitudes lingüísticas en Galicia
- Arquivo Sonoro de Galicia
- CILENIS
- Corrector ortográfico en liña
- Cotovía
- Curso medio de linguaxe administrativa
- Curso medio de linguaxe xurídica
- Dicionario da Real Academia Galega
- Dicionario de pronuncia da lingua galega
- Dicionario Electrónico Estraviz
- Dicionario visual interactivo para o alumnado procedente do estranxeiro
- DIGALEGO
- Fraseoloxía galega
- Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia
- Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego
- O Que?
- O Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG)
- Proxecto Artello
- Tradutor Open-Trad apertium. Español-galego
- Vocabulario Ortográfico Galego (VOLGa)
Xogando coa lingua galega
Información de interese
Categorías
pañando palabras maniotas+ baque
Cuanto tempo sen escribir!
Traemos estas dúas palabrinas cunha descrición breve.
É posible que baque non sexa tan común como maniotas ia digamos hoi máis “empujón” ou tamén o galego empurrión. Recóllese tamén (nas fontes galegas) apuxón, empuxada…
No dicionario de dicionarios da uni de Vigo (moi útil por certo) aparece recollido en varios sitios ia tamén no tesouro do ILG con inda poucos textos introducidos si que aparece, adivinai onde !! Pedrafita do Cebreiro! Seguir lendo
Publicado en Pañando palabras
Etiquetado GalegoOriental, OBierzo, PañanadoPalabras
Deixar un comentario
Fermín López Costero. In memoriam. 15-06-2018
Fermín López Costero. In memoriam. 15-06-2018. Parte I
Fermín López Costero. In memoriam. 15-06-2018. Parte II
Fermín López Costero. In memoriam. 15-06-2018. Parte III
Grazas, Fermín. Grazas polo cariño, grazas pola compaña, grazas polo agarimo recibido, e hoxe, como non pode ser de outra maneira, as túas amizades celebramos a túa vida neste aquelarre.
RITUAL. Teatro de Sombras. Fermín López Costero
Fue al verse desnudo, dentro de la marmita de agua caliente, cuando el misionero se dio cuenta de que los caníbales no iban a devorarlo. Lo que pretendía aquella tribu remota era bañarlo y purificarlo, para convertirlo en su nuevo dios.
E si, eu en ocasións tamén vexo pantasmas, coma ti, e converso con elas. Son pantasmas que aconsellan e celebran a vida.
EL FANTASMA. Teatro de Sombras. Fermín López Costero
A veces viene a visitarme el fantasma del amigo muerto prematuramente y me cuenta historias del más allá. Yo prefiero hablar de nuestra adolescencia y juventud, de aquella época tan dichosa como lejana, pero él se empeña en referirme las vicisitudes de esa otra existencia, como si el desdichado ya no recordase que, tiempo atrás, él también estuvo vivo.
Apertas irmandiñas, compañeiro.
ATA SEMPRE.
Manuel González Prieto
Publicado en Sin categoría
Deixar un comentario
I PREMIO MORALES PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA NO BIERZO
I PREMIO MORALES PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA NO BIERZO
Tras os pasos de Morales: Os Magostos
O poema OS MAGOSTOS
-O prazo remata o día 21 de xuño-
CATEGORÍA A. Debuxando o poema OS MAGOSTOS, de Antonio Fernández Morales
Poderá concorrer calquera alumna ou alumno de educación infantil e primaria adscrito ao Programa para a promoción do idioma galego no Bierzo.
CATEGORÍA B. Contando, poetizando e dramatizando o poema OS MAGOSTOS, de Antonio Fernández Morales
Poderá concorrer calquera alumna ou alumno de educación secundaria e bacharelato adscrito ao Programa para a promoción do idioma galego no Bierzo.
CATEGORÍA C. Contando, poetizando e dramatizando o poema OS MAGOSTOS, de Antonio Fernández Morales
Poderá concorrer calquera persoa berciana maior de 18 anos e mais o alumnado de galego e portugués da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada.
Publicado en Sin categoría
1 comentario
Os maios no Berzo, no xornal Novas da Galiza. Maio de 2018
OS MAIOS NO BERZO, por MANUEL GONZÁLEZ PRIETO
Artigo publicado na sección O BOM VIVER, no xornal NOVAS DA GALIZA
Número 167. Maio de 2018
Máis información sobre o xornal NOVAS DA GALIZA, na ligazón:
http://novas.gal/
Publicado en Sin categoría
Deixar un comentario
O cuco
Ao cuco convidárono ir mallar, e dixo:
Se calienta o sol, teño que me poñer a sombra
se está nublado, teño que cucar
e se chove, vouche mallar
Do día cinco o diez de abril,
o cuco morto ou non quere vir
Publicado en Sin categoría
Deixar un comentario
Concierto tocandobajoteito Ponferrada
Este sábado 5 de maio espectáculo no Teatro Bergidum de Ponferrada.
link: http://tocarbajoteito.blogspot.com.es/2018/04/presentamos-en-directo-tocandobajoteito.html
Xa tardaba abondo este blogue sen presentar a unha das iniciativas culturais con máis traballo da contorna berciana ia que fai, xunto con outras agrupaciois máis ou menos pequenas, máis ou menos experimentadas, unha gran labor pola cultura tradicional, tanto recollendo os tesouros que inda quedaron ia quedan gravados nos recordos ia voces dos máis maiores, pero como tamén innovando, recreando, xogando coas melodías ou mesmo cos instrumentos tradicionais ia non tan tradicionais.
Nesta ocasión apresentarán o seu novo traballo ademáis rodiados dun montón, dun feixe de outras persoas dedicadas á nosa cultura popular. Esa cultura que antigamente ía pasando duns a outros como o outono da paso ao inverno, case sen querer.
Falaremos máis adiante do traballo destas persoas que non é só artístico-divulgador, senón que pasan tamén pola divulgación didáctica, non sei se é redundancia, pois dan clases en numerosos concellos do Bierzo. Se teis algunha dúbida, pregunta, proposta, non vos demoreis en poñervos en contacto. Diego Bello, ademáis, é parte de Los Pamplinas moi activos por algunhas festas da comarca ia provincia e encontrables en facebook.
Para quen poida ia queira, queda pois datada esta xuntanza na que convidarán a ducias de artistas amigxs. As persoas sortudas que consigan asistir poderán experimentar un dos eventos do ano da música popular, tradicional e retocadamente que son os xeitos que ela ten para acadar a inmortalidá ia que continúe rebulindo tanto nos teatros como nos calexos, prazas, parques ia xardís…
Gracias por manter este patrimonio inmaterial respirando ia facelo voso, noso, de todo o mundo.
Vémonos, non dubideis en acudireeeeeeeeee!
(tamén estade atentxs a vindeiras actividades!)
Publicado en Sin categoría
Deixar un comentario
A Festa dos Maios. Consulta o programa
A FESTA DOS MAIOS
Días 28, 29 e 30 de abril e 1 de maio
Vilafranca do Bierzo
Consulta o programa no blog da
Asociación Cultural ESCOLA DE GAITAS DE VILAFRANCA DO BIERZO
Publicado en Sin categoría
Deixar un comentario
I Premio Morales Para a Promoción da Lingua Galega no Bierzo. As categorías
I PREMIO MORALES PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA NO BIERZO
Tras os pasos de Morales: Os Magostos
CATEGORÍA A. Debuxando o poema OS MAGOSTOS, de Antonio Fernández Morales
Poderá concorrer calquera alumna ou alumno de educación infantil e primaria adscrito ao Programa para a promoción do idioma galego no Bierzo.
CATEGORÍA B. Contando, poetizando e dramatizando o poema OS MAGOSTOS, de Antonio Fernández Morales
Poderá concorrer calquera alumna ou alumno de educación secundaria e bacharelato adscrito ao Programa para a promoción do idioma galego no Bierzo.
CATEGORÍA C. Contando, poetizando e dramatizando o poema OS MAGOSTOS, de Antonio Fernández Morales
Poderá concorrer calquera persoa berciana maior de 18 anos e mais o alumnado de galego e portugués da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada.
Publicado en Sin categoría
Deixar un comentario