Pa(adivi)ñando palabras

Xa ben entrado o outono ! ! !

Que outra cousa é característica desta época no noroeste peninsular ia incluso en máis sitios (caro que tamén muitas outras cousas) como é o magosto ia as festas entorno as castañas ia o lume.

Falando do magosto ocúrreseme unha adiviñas xa que outras palabrinas chulas como ourizo xa está comentadas. Pero a verdá que teriamos muitisimas posibilidades co léxico dos tipos de castañas ia as súas formas de tratalas para o consumo humano…
Esta adiviña vén a conto ia úsoa pra darlle arrumacos ó verbo aterrecer.

IMG_2167

sendeiro por Corullón

Adiviñas  ou casarillos como dixo a muller do Bierzo baixo cando recitou. Cómo chamais vós?

 

Eiquí os versos para acertar:

Seguir lendo

Advertisements
Publicado en Pañando palabras | Etiquetado , , | Deixar un comentario

“II Cursu d’encuestadores de la tradición oral en Ḷḷión ” en Viḷḷablinu

Botaille unha ollada a ese cartelón ia ó programa dese curso pasado en Villablino.

A asociación Teixu, xa nomeada nalgunha ocasión anterior, organizou o apsado mes este piazo curso etnográfico tan importante ie necesario nos tempos actuais. (Teis dentro no link o programa que algüis desfrutamos)

É máis que urxente gardar os tesouros culturais, facer compañía ós máis vellos ie de paso pasalo ben hoxe en día. Nun podemos deixar pasa-lo tempo xa que as lindas ie belas persoas que viviron noutra civilización , as veces aparecida á nosa as veces nada qué ver, tan xa moi maiores ie posiblemente as novas xeraciois nun caiamos na conta de preguntar, ou non nos foron transmitidas muitas das fermosas historias ou experiencias vividas.

Desde tradición oral, recollidas etnográficas con múltiples fins, música tradicional de León, dialectoloxía do asturleonés ie todo tipo de recomendaciois pra poder facer unha investigación etnográfica, enquisas, recollida de información, ou do xeito que queiramos chamalo ou nivel da abordaxe.

Para quen nun o seiba en Villablino inda fálase a variedá asturleonesa chamada patsuezu ou paḷḷuezu (como ben deprendimos no curso)

Límites lingüísticos, dialectais, fonética asturleonesa das rexiois ie fora tamén, a tradición oral en León… Foran muitos os aspectos dos que se falaron aquela finde de semá.

Muitas veces cando se pregunta á xente maior sobre experiencias, ou estas reliquias orais das que falamos, tamén elas dánse de conta do valor que tein. Por iso é unha das outras pequenas ondas que se estenden cando a recollida, conversa ou investigación, a fin de contas, é feita. Mesmamente, a xuntanza de xente cun interese común foi ie é moi valiosa.

Estai atentxs a este colectivo que seguro aparecerá algunha vez baixo teito do occidente berciano xa que saben abondo, involúcranse muito ie tein bastante tamén recollido. Tamén estai pendentes pois poden ter iniciativas que vos interesen ou concursos abertos as zonas do Bierzo ie redores nos vales contiguos.
Aparece ademais, o curso do que estamos a falar, no próximo número do documental que saíu esta semá na televisión de CyL sobre o leonés en Seabria ie o Rebollal. Haberá que velo ou?

Eiquí ún dos centos de exemplos que víronse naquelas xornadas ie que, neste caso da zona do Bierzo baixo, ocorreúseme dunha maja muller que comentáramo:

Se te morde a gunicela, colle a pala ia a terra”

Aviso de perigo en forma de refrán que por certo, no parece ter muito sentido estríctamente xa que estes animais, do que podríamos falar nun futuro en “pañando palabras” nun son venenosos, sen embargo amistosos do todo.. tampouco.

Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario

Pandeira sen fronteiras!

Vaise celebrar un curso maís que maravilloso que ademais aporta en contra da queima cultural que estamos a presenciar. Onde? No fermoso Piornedo nos Ancares.

 

21752829_2072848196270656_8017316148705934329_o

Nese punto ou enclave natural, que pode que polo seu dificil acceso teña conservao mais da sua riqueza cultural ie ecolóxica, vai haber esta finde un obradoiro do mais interesante.
Nun son namais as linguas o que está a desaparecer en muitos lugares, senón tamén outras partes da cultura herdada en tantas decadas… A música, como neste caso, é un pilar importante que sen o cal todo o mundo perdería. Tanto a xente de Xixón como de Lanzarote ou Tbilisi tein o dereito de poder escuitar ou tocar cos sones que nos van deixando. Que nun morran.

Bueno, eiquí un exemplo de iniciativa pra pasalo ben, coñecer xente, coñecer Os Ancares ie a súa cultura.
Gracias a muita xente que está aprendendo ie ensinando continuamente, parece que certos aspectos están máis vivos que nunca ie é moi fácil sentir certa música en numerosos concertos, festivais ou festas.   Sexas gaioleirx ou non nunca é tarde pa aprender ie pasalo ben.

Deixo eiquí o cartelín do curso que nun o compartimos namais poque aparezan xeitos de tocar a pandeira ie pandeireta de León, Asturias ie Galicia, senón porque a cultura ancaresa é maís que familiar para muitos de nosoutros. Pra máis información tamén tei-lo cartel en facebook na pázina de “A festa da Pandeira”  festa de encontro a cal alguís somos fans tamén !

Sorte ie a tocar ie bailar !!

Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario

No Bicentenario de Antonio Fernández Morales, o cantor do Bierzo, na Casa de Rosalía

No Bicentenario de Antonio Fernández Morales, o cantor do Bierzo, na Casa de Rosalía

 

O venres, 6 de outubro, ás 20 horas, na Casa-Museo Rosalía de Castro, terá lugar un acto en homenaxe o noso escritor berciano ANTONIO FERNÁNDEZ MORALES.

Coa presenza de:

Xosé Henrique Costas, académico correspondente da Real Academia Galega
Héctor Silveiro, académico correspondente da Real Academia Galega polo Bierzo
Anxo Angueira, escritor e presidente da Fundación Rosalía de Castro
Manuel González Prieto, membro do Grupo As Médulas para a Lingua e cultura galegas do Bierzo
Dennis Álvarez Guerrero, membro do Grupo As Médulas para a Lingua e cultura galegas do Bierzo
Romina Bal, poeta

Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario

O Galego na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada

 

O GALEGO NA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS

Entrevista en Radio Televisión de Castilla y León RTVCYL

3 de outubro de 2017

 

 

Concepción de Vega, directora da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada.

Marta González, profesora e xefa do departamento de Galego da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada

Miguel Arce, profesor de galego na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada

 

 

Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario

Bicentenario do nacemento de Antonio Fernández Morales. IN MEMORIAM. Por Manuel González Prieto

 

Sempre amigo de parlar
cuanto guipan os meus ollos,
vouche, lector, a contar
o que a través dos anteollos
viron nun certo lugar

Compartimos versos, discurso e o máis importante, compartimos ilusións, en comunidade, e con humildade seguimos as recomendacións do noso cantor berciano, cando di…

Non por eso desistín
de volver ó fiandón,
mais esta vez discurrín
ir a lombos do rocín
e tuven muita razón

Hoxe, altofalantes dos poemas….

Perla do Bierzo, vívido astro dese vergel
onde o romano deixou o rastro
do seu dominio no Fuerte, o Castro
i en Pajariel

Seguir lendo

Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario

Antonio Fernández Morales: O cantor do Bierzo. Galería de fotos do Simposio. Días 15, 16 e 17 de setembro

This gallery contains 26 photos.

Velaquí unha galería de fotos do Simposio Antonio Fernández Morales: O cantor do Bierzo Días 15, 16 e 17 de setembro En Ponferrada, Vilafranca do Bierzo e Cacabelos

Galería | Deixar un comentario