Quen somos

 

AS MÉDULAS para a Lingua e Cultura galegas do Bierzo somos un grupo plural, aberto á participación de todas e todos e non partidista.

En pleno proceso de construción, o grupo pretende xuntar forzas en prol da dignificaciónMEDULAS - 1.cdr do carácter berciano e defender a dura situación que está a vivir a lingua galega e cultura popular aquí e na contorna.

Trataremos de:

  • Poñer en marcha actividades relacionadas coa lingua galega e cultura tradicional.
  • Apoiar, acompañar, espallar e divulgar actividades culturais e lingüísticas promovidas no Bierzo.
  • Divulgar contido de interese. Para levar a cabo esta tarefa apoiarémonos en plataformas web e nas redes sociais.
  • Defender o dereito do estudantado berciano a formarse tamén en galego, tanto a mocidade como a xente adulta.

 

Facemos unha chamada á túa colaboración.

O noso correo electrónico: grupoasmedulas@gmail.com.

Tamén nas redes sociais.