As actividades desenvolvidas

MEDULAS - 1.cdr

Desde que xorde a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta, en marzo de 2005, son moitas e variadas as actividades desenvolvidas no Bierzo a prol da defensa e promoción da lingua galega do Bierzo.

 

  • Proxección do filme P3K Pinocho 3000

Os días 9 e 10 de maio, 2005.

Dirixida ao alumnado de Educación Primaria e Infantil.

No Centro Cultural Caja España de Ponferrada.

  • Xuntanza do IES Martaguisela do Barco de Valdeorras, IES Europa, IES Padre Sarmiento e IES Bergidum Flavium do Bierzo, logo dun intercambio epistolar entre o alumnado dos centros.

O día 11 de maio, 2005.

Tamén percorreron a exposición “Castelao e nós. Unha viaxe pola súa obra” e asistiron á representación de obras de teatro do grupo berciano Vagalume.

No Centro Cultural Caja España de Ponferrada.

  • Celebración do Día das Letras Galegas no Cine Faba de Cacabelos

O día 17 de maio, 2005.

  • Asistencia a un faladoiro en galego na emisora Onda Bierzo-Punto Radio de Ponferrada

O día 17 de maio, 2005 e 2006.

  • Participación no IV Banquete de Cacabelos

O día 22 de maio, 2005.

  • Apoio á candidatura de patrimonio inmaterial Galego-portugués á UNESCO no Teatro Villafranquino

O día 17 de setembro, 2005.

  • Exposición “Lorenzo Varela. Un poeta no desacougo”, na UNED de Ponferrada, co gallo do Día das Letras Galegas de 2005.

Entre os días 21 setembro e 30 novembro, 2005.

  • Gala dos I Premios Xarmenta á promoción do galego no Bierzo no Teatro Bergidum de Ponferrada

O día 11 xaneiro, 2006.

  • Ciclo de cine en galego, coa presenza do actor Luís Tosar, na Casa da Cultura de Cacabelos

Entre os días 9 e 12 de xaneiro, 2006.

  • XI Feira do Libro de Ponferrada

Entre os días 20 e 24 de abril, 2006.

  • Exposición “Manuel Lugrís Freire. O compromiso coa terra”, na UNED de Ponferrada, co gallo do Día das Letras Galegas de 2006

Entre os días 11 maio e 15 xuño, 2006.

  • Conferencia didáctica sobre o Día das Letras Galegas e Manuel Lugrís Freire, a cargo de Xabier Campos Villar, na UNED de Ponferrada

O día 12 maio, 2006.

  • Exposición “Castelao para nenos e nenas”, na Casa da Cultura de Cacabelos

Entre os días 15 e 19 de maio, 2006

  • Xuntanza do alumnado do IES Martaguisela, IES Europa, IES Padre Sarmiento e IES Bergidum Flavium, que se estivo a cartear en lingua galega, para asistir á representación teatral “O anel máxico”, a cargo do alumnado do IES de Becerreá.

No Centro Cultural Caja España de Ponferrada.

O día 16 maio, 2006.

  • Proxección de curtametraxes en galego e actuacións de teatro dos grupos Vagalume e Tanxanrina Títeres. O espectáculo: “Titiricircus”.

Entrega dos “I Premios Xarmenta de Debuxo para escolares, en Cacabelos”

O día 17 maio, 2006.

  • Proxección do filme “O soño dunha noite de San Xoán”, dirixida a alumnado de Educación Primaria e Infantil.

No Centro Cultural Caja España de Ponferrada.

Os día 17 e 18 de maio, 2006.

  • Homenaxe a Antonio Fernández e Morales, poeta berciano en lingua galega, dentro da II Escola Permanente Fermín Penzol

No cemiterio de Cacabelos.

O día 28 de outubro, 2006.

  • Asistencia ao “V Banquete de Cacabelos”

O día 29 de outubro, 2006.

  • Sae á luz a Revista Xarmenta

O día 13 de decembro, 2006.

  • Gala dos “II Premios Xarmenta á promoción do galego no Bierzo”, no Teatro Bergidum de Ponferrada

O día 24 de xaneiro, 2007.

  • Entrega dos “II Premios Xarmenta de Debuxo para escolares”, na Praza Maior de Cacabelos, coa actuación do Mago Richard

O día 12 xuño, 2007.

  • Reunión de traballo dos membros da Asociación Xarmenta co Comité de Expertos do Consello de Europa, composto por Vesna Crnic-Grotic, Dieter Kolonovits, Alberto L. Basaguren e Sonia Parayre, para analizar o cumprimento da “Carta europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias”, no tocante á situación da lingua galega no Bierzo

O día 11 setembro, 2007.

  • A Asociación Xarmenta xunto co Concello de Cacabelos establecen as bases do I Concurso Literario “Poeta Fernández Morales”

O día 25 outubro, ano 2007.

  • Publícase o segundo número da Revista Xarmenta

O día 14 decembro, 2007.

  • Gala dos “III Premios Xarmenta á promoción do galego no Bierzo”, no Teatro Bergidum de Ponferrada

O día 16 xaneiro, 2008.

Os galardoados foron Manuel Rivas, por unha banda, e por outra, as institucións da Junta de Castilla y León e a Xunta de Galicia, quen compartiron premio.

  • Participación na “III Escola Permanente Fermín Penzol”, organizada pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

Entre os días 25 e 27 xaneiro 2008.

En Pobra de Seabra (Seabra) e Lubián e Porto (As Portelas).

  • Participación na “XIII Feira do Libro de Ponferrada”, cun stand de libros en galego

Entre os día 23 e 27 abril, 2008.

Asinaron as súas obras a poetisa berciana A poeta berciana Loli Prieto e Pepe Carreiro, autor de Os Bolechas, asinaron obras durante a feira. Pepe Carreiro tamén realizou un obradoiro didáctico.

  • Proxección do filme de animación Nocturna, unha aventura máxica (2007), na Obra Social de Caja España de Ponferrada

O día 13 maio, 2008.

Película dirixida a estudantes de Educación Infantil e Primaria do Programa de Lingua e Cultura galegas no Bierzo. Actividade posta en marcha coa colaboración da distribuidora Filmax.

  • Entrega dos “III Premios Xarmenta de Debuxo para escolares”, no Teatro Faba de Cacabelos. Coa representación da obra A fada do abano verde, a cargo da Aula de Teatro Infantil do Campus de Ourense.

O día 15 maio, 2008.

  • Xuntanza do alumnado do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, IES de Becerreá e alumnado de Educación Infantil e Primaria que cursa galego no Bierzo, e que se estivo a cartear en lingua galega.

Entre os días 19 e 23 maio, 2008.

No Centro Cultural Caja España de Ponferrada.

  • Actuación dos membros da Aula de Teatro Universitaria de Ourense. Interpretaron as obras Maricastaña e 84 con dramaturxia a partir de 1984, de George Orwell

O día 28 maio, 2008.

Na Obra Social de Caja España de Ponferrada.

  • Reunión de traballo dos membros da Asociación Xarmenta coa Secretaria Xeral de Política Lingüística, Marisol López e co Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte, Luís Bará, para falar da situación da lingua galega no Bierzo e amosar as actividades desenvolvidas e aquelas por desenvolver pola asociación

O día 22 xullo, 2008.

  • A Asociación Xarmenta en colaboración con CC.OO. Bierzo, o Centro de Formación do Profesorado e Innovación Educativa de Ponferrada e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, organizou o primeiro curso gratuíto para preparar o Celga 4

Entre os días 6 outubro e 14 novembro, 2008

  • A Mesa do Parlamento de Galicia solicita a comparecencia no Pleno dos membros da Asociación Xarmenta e representantes doutras institucións e colectivos bercianos, na Comisión 4º de Educación e Cultura, para coñecer a situación da lingua galega na comarca do Bierzo e adoptar as medidas necesarias para a súa defensa

O día 29 outubro, 2008.

  • A Asociación Xarmenta e o Concello de Cacabelos, publican as bases do “II Concurso Literario Poeta Fernández e Morales”

O día 13 de novembro, 2008.

  • A Asociación Xarmenta e a Asociación Vagalume de Valdeorras convocan o “VII Certame Artístico e Literario”. Dirixido a todas as idades, coa intención de recoller experiencias en calquera dos idiomas oficiais do Estado español

O día 28 de novembro, 2008.

  • Publicación do terceiro número da Revista Xarmenta

O día 10 de decembro, 2008.

  • Gala dos “IV Premios Xarmenta para a promoción do idioma galego no Bierzo”, no Teatro Bérgidum de Ponferrada.

O día 15 de xaneiro, 2009.

Os galardoados fóron Susana Seivane e o grupo musical “Aira da Pedra” e a “Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo”, ambos compartiron o premio.

Durante a gala foron entregados os premios do “II Concurso Literario Poeta Fernández e Morales”, organizados pola asociación e o Concello de Cacabelos.

  • Participación na “XIV Feira do Libro de Ponferrada”, cun stan propio de libro en galego

Entre os días 23 e 26 de abril, 2009.

  • Proxección do filme de animación “Pérez 2. O ratiño dos teus soños” (2008). Actividade dirixida a estudantes de Educación Infantil e Primaria que cursa o Programa de Lingua Galega no Bierzo

O día 13 de maio, 2009.

Na Obra Social de Caja España en Ponferrada.

O filme foi escollido mellor longametraxe de animación nos Premios Mestre Mateo, ano 2008.

  • Representación da obra teatral “Os sete pecados capitais” a cargo dos membros da Asociación Cultural de Valdeorras “Gargallada Teatro”. Obra dirixida por Manuel Caramés

O día 15 de maio, 2009.

Na Casa da Cultura de Cacabelos.

  • Entrega dos “IV Premios Xarmenta de Debuxo para escolares”, na Casa da Cultura de Cacabelos

O día 15 de maio, 2009.

  • Reunión de traballo dos membros da Asociación Xarmenta co Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, e co Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, nas dependencias da Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela, para presentar o labor desenvolvido pola asociación desde o ano 2005 e solicitar ao novo goberno a colaboración para seguir a traballar na promoción da lingua galega no Bierzo

O día 6 de xullo, 2009.

  • Organización do II Curso gratuíto de lingua galega para a preparación do CELGA IV. En colaboración con CC.OO. Bierzo, o Centro de Formación do Profesorado e Innovación Educativa de Ponferrada e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

Entre os día 1 e 29 de outubro, 2009.

  • Reunión de traballo dos membros da Asociación Xarmenta co Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, para a análise da situación da lingua galega no Bierzo e presentar as actividades da asociación para o ano 2010

O día 5 de novembro, 2009.

  • Presentación do cuarto número da Revista da Asociación Berciana da Lingua Xarmenta, na “IV Escola Permanente Fermín Penzol”, organizada pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

O día 13 de marzo, 2010.

  • Participación no acto central do “Día das Letras Galegas”, celebrado en Folgoso do Courel. Neste acto os membros da asociación entregaron unha carta aos presentes solicitando que o Día das Letras Galegas do ano 2011 fose dedicado ao poeta Fernández e Morales

O día 17 de maio, 2010.

  • Actuación do grupo “Viravolta Títeres-Seisdedos”, co seu espectáculo “O cego dos Monifates”, co gallo da entrega dos “IV Premios Xarmenta de Debuxo para escolares”.

O día 22 de xuño, 2010

No Salón de Actos da Biblioteca Municipal de Ponferrada.

Actividade posta en marcha coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

  • Organización do III Curso gratuíto de lingua galega para a preparación do CELGA IV. En colaboración con CC.OO. Bierzo, o Centro de Formación do Profesorado e Innovación Educativa de Ponferrada e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

Entre os días 4 de outubro e 5 de novembro, 2010.

  • Reunión de traballo dos membros da Asociación Xarmenta con representantes do Colexio de Xornalistas de Galicia, Real Academia Galega, ProLingua, Queremos Galego, A Mesa pola Normalización Lingüística, Nova Escola Galega, Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, Comité de Expertos do Consello de Europa – Vesna Crnic-Grotic, Gabor Kardos, Alberto L. Basaguren e Simone Klinge-, en Madrid, para analizar o cumprimento da “Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias”

O día 6 de xullo, 2011.

  • Presentación do número 5 da revista da Asociación Berciana da Lingua Xarmenta, durante a celebración das “Xornadas Antonio Fernández e Morales”

O día 8 de outubro, 2011.