III Premio Morales para a promoción da lingua galega no Bierzo e Sanabria / Seabra. Tras os pasos de Morales: Chegaron os romanos. 2021

III PREMIO MORALES PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA NO BIERZO E EN SANABRIA / A SEABRA. 2021
Tras os pasos de Morales: Chegaron os romanos

Consulta e descarga as bases

Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario

Aprazado ata o ano próximo, mor da COVID-19. III PREMIO MORALES PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA NO BIERZO E EN SANABRIA / A SEABRA. Tras os pasos de Morales

A comisión organizadora do
III PREMIO MORALES PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA NO BIERZO E EN SANABRIA / A SEABRA. Tras os pasos de Morales: Chegaron os romanos
decidiu aprazar o premio ata o ano próximo, mor da COVID-19.

Podedes consultar e descargar as bases do premio na ligazón web:
https://drive.google.com/file/d/1FPyMeUYvbfx5IJ3XOgYjW5QiZmctMNvr/view?usp=sharing

En breve informaremos de novas actividades programadas

 

Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario

Entrega II Premio Morales para a promoción da lingua galega no Bierzo e Sanabria / Seabra

II PREMIO MORALES PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA
NO BIERZO E SANABRIA-SEABRA

SÁBADO, 30 DE NOVEMBRO

CORULLÓN

17.30 horas. ACTO DE ENTREGA do II Premio Morales para a Promoción do idioma galego no Bierzo e Sanabria. Tras os pasos de Morales: “O fiandón da aldea”.

Entrega de premios CATEGORÍA A. Alumnado de infantil e primaria

Entrega de premios CATEGORÍA B. Alumnado de secundaria e bacharelato

Entrega de premios CATEGORÍA C. Alumnado de galego e portugués da EOI Ponferrada e adultos

19 horas. MAGOSTO

20.30 horas. SESIÓN DE CONTOS a cargo de  Quico Cadaval

RUADA COA ESCOLA DE GAITAS DE VILAFRANCA DO BIERZO

 

TOPONIMÍZATE
COÑECE OS NOMES DA TÚA TERRA
SÁBADO, 30 DE NOVEMBRO
CARUCEDO

12 horas. CHARLA Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra
Na Casa Consistorial do Concello de Carucedo
Coa presenza de Vicente Feijoo Ares, responsable de Toponimia do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega

13.45 horas. Xantar no Restaurante El Castro (Carucedo)

 

PRESENTACIÓN DA OBRA
CARTAS E COMPOSICIOIS AUTÓGRAFAS DE ANTONIO FERNÁNDEZ MORALES A MARIANO CUBÍ. TRANSCRICIÓN DUN LEGADO INAUGURAL BERCIANO DO REXURDIMENTO
SÁBADO, 30 DE NOVEMBRO
CORULLÓN

16.45 horas. PRESENTACIÓN de Cartas e composiciois autógrafas de Antonio Fernández Morales a Mariano Cubí. Transcrición dun legado inaugural berciano do Rexurdimento. Edición a cargo da Real Academia Galega.

No Local Social de Corullón, rúa Casanova

Coa presenza de:

Héctor M. Silveiro Fernández, autor
Víctor Fernández Freixanes, presidente da Real Academia Galega

 

 

 

 

Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario

II Premio Morales para a promoción da lingua galega no Bierzo e Sanabria

II PREMIO MORALES PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA NO BIERZO E SANABRIA
Tras os pasos de Morales: O fiandón da aldea

Preme na ligazón para consultar as bases

Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario

XI Xornada Martín Sarmiento

Consulta o programa da “XI Xornada Martín Sarmiento” no blog O Mego da Escola

Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario

12+1 estampas bercianas. Manuel González Prieto

12+1 estampas bercianas

Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario

E há de vir o Apalpador…

Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario

Fotos e novas de interese. I Premios Morales para a promoción do idioma galego no Bierzo. Tras os pasos de Morales: os magostos

I PREMIOS MORALES PARA A PROMOCIÓN DO IDIOMA GALEGO NO BIERZO.
Tras os pasos de Morales: os magostos
As Médulas (Carucedo)
Sábado, 20 de outubro, 2018

En cuanto chegan ao campo poin as castañas no suelo, collen zarzas dos subiaos, follas de árboles e fieitos, e con pallas dos rastrollos, unha fogueira fain presto. E pra que se asen por igual as castañas, cun galleiro, desde que a estoupar empezan, sempre as están revolvendo. En bon amor e compaña…

O poema completo

 

NOVAS E LIGAZÓNS DE INTERESE

Grupo As Médulas para a lingua e cultura galegas do Bierzo

Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

Consello Comarcal do Bierzo

Instituto de Estudos Bercianos

Real Academia Galega

Morales 2011

Concello de Vilafranca do Bierzo

Observatorio da lingua galega

Diario de León

El Bierzo Digital

Lugo Xornal

Bembibre Digital

 

GALERÍA DE FOTOS

Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario

Celebración dos I Premios Morales para a promoción da lingua galega no Bierzo. Tras os pasos de Morales: os magostos

I PREMIOS MORALES PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA NO BERZO. TRAS OS PASOS DE MORALES: OS MAGOSTOS

ENTREGA DE PREMIOS. O sábado 20 de outubro, ás 17 horas, na praza principal situada a carón da fonte, na Pedanía das Médulas, Concello de Carucedo, terá lugar a entrega dos “I Premios Morales para a promoción da lingua galega no Bierzo. Tras os pasos de Morales: Os magostos”, e na que participarán representantes das institucións e entidades promotoras do premio: Xunta de Galicia, Junta de Castilla y León, Consejo Comarcal del Bierzo, Real Academia Galega, Instituto de Estudios Bercianos, Grupo As Medulas para a lingua e cultura galegas do Bierzo e Edicións Positivas, así como o alumno premiado. Os traballos premiados foron seleccionados para facer parte dunha publicación que se presentará durante o acto e na que se valorou a orixinalidade, a creatividade e innovación, a calidade estética e artística e, no caso das creacións literarias, a calidade lingüística.

CONTOS DE MEDO, CON PAULA CARBALLEIRA. Tras a entrega de premios e na contorna das Médulas, haberá un contacontos, para pequenos e maiores, a cargo de Paula Carballeira.

MAGOSTO POPULAR. Na praza principal da Pedanía das Médulas celebraremos un Magosto popular, no que haberá castañas, viño e refrescos.

Amenizará a velada a ORQUESTRA “OS PAMPLINAS”.

 

REUNIÓN ABERTA NO RESTAURANTE “AGOGA”. O sábado 20 de outubro, ás 12 horas, no Restaurante Agoga, na Pedanía das Médulas, Concello de Carucedo, terá lugar unha reunión aberta para compartir propostas para dinamizar o galego no Bierzo e a celebración dos II Premios Morales para a promoción do galego no Bierzo.

Tras a reunión haberá unha butelada no restaurante.
(*) Para asistir pregamos confirmar asistencia antes do día 19 de outubro, no correo electrónico: premiosmorales@gmail.com

 

 

 

 

Publicado en Sin categoría | 2 Comentarios

I Premio Morales Para a Promoción da Lingua Galega no Bierzo. Ampliamos o prazo ata o día 30 de setembro

I PREMIO MORALES PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA NO BIERZO
Tras os pasos de Morales: Os Magostos

-Ampliamos o prazo ata o día 30 de setembro-
Preme na ligazón para consultar as bases

 

As persoas participantes enviarán un só correo electrónico a premiosmorales@gmail.com.

 

 

CATEGORÍA B. CONTANDO, POETIZANDO E DRAMATIZANDO O POEMA
“OS MAGOSTOS”, DE ANTONIO FERNÁNDEZ MORALES

Poderá concorrer calquera alumna ou alumno de educación secundaria e bacharelato adscrito ao Programa para a promoción do idioma galego no Bierzo.

Preme na ligazón para consultar as bases

C. CONTANDO, POETIZANDO E DRAMATIZANDO O POEMA
“OS MAGOSTOS”, DE ANTONIO FERNÁNDEZ MORALES

Poderá concorrer calquera persoa berciana maior de 18 anos e mais o alumnado de galego e portugués da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada.

Preme na ligazón para consultar as bases

Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario